Accións formativas multidisciplinares en Pantón

Centro de día de Pantón. Arquivo EC

O centro de día do concello de Pantón acolleu fai uns días unha charla titulada “Seguridade persoal e medidas de autoprotección na terceira idade”. A charla estivo impartida por persoal da Garda Civil, e o seu obxectivo non foi outro que tratar de explicar o mellor posible durante a sesión a todos os asistentes, que facer para evitar ser vítimas de determinadas situacións, como por exemplo roubos na casa, atracos ou timos. O persoal do centro de día organizou esta sesión tanto para os usuarios como para todas aquelas persoas maiores que se interesaron polos distintos temas.

Demanda dos veciños

Trátase dunha iniciativa posta en práctica despois de constatar o interese dos veciños, debido a que a seguridade en xeral foi diminuíndo nos últimos anos. Pola súa parte, un dos temas que máis dúbidas suscitou, segundo indicaron dende o Concello, foi o dos timos relacionados coas falsas revisións do gas ou da luz; unha estafa que nos últimos tempos sucédese a miúdo en distintas partes. Outro dos temas que máis preocupación e interese suscitou foi o dos roubos en vivendas, sobre todo cando se realizan con violencia. Neste senso, dende a Garda Civil explicaron aos asistentes á charla como actuar, e as alternativas para pedir axuda.

Técnicos informaron aos veciños sobre prevención de incendios forestais

O Distrito Forestal Terra de Lemos impartiu o pasado luns 25 de abril, unha charla sobre a prevención dos incendios forestais no Concello de Pantón. A conferencia, que estivo impartida por axentes e técnicos forestais, tivo lugar no Edificio Sociocultural de Ferreira, e a ela acudiron numerosas persoas. Entre os contidos que se trataron, algúns como as autorizacións e comunicacións de queimas, as queimas de restos esparexidos, ou as medidas lexislativas en materia de incendios forestais.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Ruta de sendeirismo para disfrutar de Pantón

Seguinte Nova

O PP critica a actuación do goberno provincial no municipio de Pantón

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

A %d blogueros les gusta esto: