Éxito rotundo no Festival de Os Gándaros en Brollón

No concello de A Pobra de Brollón celebrouse un ano máis o festival de Os Gándaros. Este festival, que comezou hai xa varios anos con fins solidarios, está xa consolidado como un referente dentro dos festexos do termo municipal da Pobra do Brollón. Este ano celebrouse coincidindo coa Semana Santa, ainda que durante moito tempo levouse a cabo no mes de agosto, no souto de castiñeiros de Os Gándaros, na parroquia de Salcedo. Asimesmo, edición tras edición conta cunha ampla variedade de actuacións musicais dos máis variados estilos. Neste senso, este ano as actuacións correron a cargo de Aires da Poxa, Quempallou e Os Fervellasverzas, que foron os encargados de animar a festa ata altas horas da madrugada. Os organizadores do evento foron a asociación xuvenil O Seixo, en colaboración co Concello, a Xunta, a asociación de veciños de Salcedo, e varios establecementos.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Candidatura socialista de Brollón

Seguinte Nova

Futura residencia para Brollón

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: