Futura residencia para Brollón

Estase a traballar na elaboración dun convenio

Antón Bao e Xosé Luis Maceda durante a reunión. DL

O vicepresidente da Deputación de Lugo, o nacionalista Antón Bao, reuniuse recentemente co alcalde do concello de Pobra de Brollón, Xosé Lois Maceda, para analizar os detalles da construción da residencia da terceira idade que se levará a cabo neste concello co financiamento da Deputación de Lugo. Segundo informou Maceda, “a día de hoxe, o que se fixo foi trasladar fondos; un remanente de crédito da Deputación a SUPLUSA, e agora estase a traballar na elaboración do convenio coa Deputación para despois firmalo”.

A Deputación xa iniciara un plan para dotar aos concellos da provincia deste tipo de instalacións, na que se asinaran convenios con 11 concellos. A través deste plan, crearanse residencias de maiores e centros de día.

Na Pobra de Brollón, a Deputación adquiriu o compromiso co Concello de que a súa obra, financiada con un millón de euros e levada a cabo a través da empresa SUPLUSA, fora a primeira en acometerse en canto se iniciara a segunda fase deste plan de dotacións. Así, o alcalde de Brollón sinalou que “existen estudos que demostran de xeito obxetivo que Pobra de Brollón é un dos concellos máis envellecidos de España. Segundo estes estudos, un 65% da poboación do concello ten máis de 65 anos, e un 10% ten máis de 85 (uns 250 maiores en total), mentres son 3 os nenos de 0 a 4 anos que viven na Pobra de Brollón. Por isto é necesaria a construción desta instalación no concello”. Ademais, a creación desta infraestrutura suporá unha oportunidade de desenvolvemento económico, xa que coa construción desta residencia da terceira idade crearanse tamén postos de traballo, e dinamizarase a vida no concello. Pola súa parte, en dita reunión Bao tamén deixou claro que “a Deputación actúa atendendo á situación dos maiores deste municipio, e ás xestións continuas que o seu alcalde levou a cabo para conseguir que este servizo sexa creado”.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Éxito rotundo no Festival de Os Gándaros en Brollón

Seguinte Nova

A Pobra de Brollón celebra a Feira do Viño de Vilachá

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss