
Os socialistas de Pantón presentaron a súa candidatura, encabezada por Manuel Dacosta Ribera. No evento estiveron presentes o secretario da Executiva Provincial do PSdeG-PSOE de Lugo, Ricardo Varela, e o senador Luis Ángel Lago Lage, entre outros. Manuel Dacosta explicou no acto de presenteación que encabeza unha candidatura “que representa a todas as parroquias e todas as sensibilidades dos veciños e veciñas de Pantón”. A lista confígurase ademáis con José Antonio Soengas, Luis González,Teresa Fernández, Jesús Vicente López, Ramón Gómez, Dolores González, Sandra García, Camilo Vázquez, Rogelio Magdalena e Roberto Prado.