Ruta de sendeirismo para disfrutar de Pantón

Para o vindeiro sábado 7 de maio, o Concello de Pantón ten previsto organizar unha ruta de sendeirismo que discorrerá dende Pombeiro ata San Cosmede. O percorrido é duns cinco kilómetros aproximadamente, contando a ruta de ida e volta. Pola súa parte, a saída terá lugar en coches particulares ás dez da mañá da praza do Concello, e contarase tamén coa posibilidade de que os que o desexen, podan comer nun bar preto da ruta. Para isto é preciso retirar as invitacións, cuxo prezo é de 10 euros, antes do vindeiro día 6. En canto ao percorrido, de dificultade baixa, durante os cinco kilómetros os participantes pasarán por lugares como O Regato, O Souto, Pombeiro, ou O Preguntoiro. Din os especialistas que se trata dunha ruta que en cada época do ano conta con unha particular beleza, pero sempre con historias e crenzas para disfrutar durante o tempo de camiño.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Pobra de Brollón celebra a Feira do Viño de Vilachá

Seguinte Nova

Accións formativas multidisciplinares en Pantón

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss