A Escola Oficial de Idiomas de Monforte celebrou nos pasados días a súa xa tradicinal xornada de portas abertas encamiñada a amosar ao conxunto da cidadanía as posiblidades que ofrece un centro destas características. Neste día, ademáis de amosarlle aos visitantes as instalacións e as posibilidades de estudo catro idiomas que oferta; o inglés, o francés, o alemán e o italiano, lévanse a cabo unha serie de actividades lúdicas e formativas dirixidas tanto aos alumnos como aos visitantes. Clases de alemán rápidas e sinxelas, visionado de filmes, xogos en idiomas son algúns dos exemplos das actividades que tiveron lugar neste día, pensadas para atraer ao potencial alumnado que aínda non está matriculado e explicando as vantaxes da aprendizaxe e da incoporación dun título oficial homologado en Europa. Entre as iniciativas, este ano destacou unha relacionada co idioma italiano, que se apoiou nunha conferencia sobre a tarantella e un posterior concerto a cargo do intérprete italiano Beppe Branca, que explicou os sons desta música ebaile rexional propio do sur de italia baixo o título La Notte della Taranta. As lendas arredor desta danza son múltiples, na Idade Media existía a crenza de que bailar baixo este son curaba unha especie de tolemia vinculada á picadura da tarátula, o nome provén, sen embargo da cidade italiana de Taranto.
Veterano nos idiomas
Manuel Otero é o alumno maior da EOI de Monforte. Matriculouse no centro ao xubilarse na procura do entretemento. Aprendera algo de alemán alá polo ano 1948 durante os seus estudos de Comercio e volvera ter contacto con esta lingua nos 80. Agora cursa 4º na EOI de Monforte e porque quere recuperar o aprendido e “abrir as neuronas”. A súa recomendación é para a xente nova, para que se animen ao estudo dos idiomas, “aproveitando que agora en alemaña buscan xente cualificada”, pero tamén para os maiores que deberían alimentar a aprendizaxe aproveitando o tempo de máis que ás veces moitos lle adican aos “ecos de sociedade”, apunta con humor.