Enoturismo na Ribeira Sacra: “A clave do sector está en vender o territorio, e as paisaxes desta zona son espectaculares”
Redacción-Monforte
Os pasados 4, 5 e 6 de maio celebrouse en Monforte de Lemos o IX Congreso de Museos do Viño de España; un evento que levou por título “Crecer en tiempos de crisis” e que estivo organizado polo Concello de Monforte de Lemos, a Deputación de Lugo (Área de Turismo) e a Aasociación de Museos do Viño de España. Foron precisamente o Alcalde da cidade, Severino Rodríguez, a Vicepresidenta terceira da Deputación, María Xosé Vega Buján, e o Presidente da Asociación de Museos do Viño de España, Eduardo Díez, os encargados da inauguración. É de destacar que nada máis comezar Díez sinalou sentirse “conquistado polas paisaxes da Ribeira Sacra”. Pola súa parte, Anthony Swift, de nacionalidade británica e fundador e xerente de Wine Pleasures, unha das empresas pioneiras en viaxes de viño en España, foi o encargado de dar a primeira conferencia.
É o viño un turismo especial?
Rentable polo menos sí que é. Polo tanto, todo o conxunto de oferta enoturística que ten a Ribeira Sacra xa debería gustar de por sí, porque é rentable. E nese conxunto atópanse compoñentes como as adegas, que son as estrelas do produto; os hoteis, campings se os hai, restaurantes, e todas aquelas empresas que oferten o que eu chamaría servizos complementarios.
Cre que o enoturismo está o suficientemente explotado nesta zona?
Bueno, fai dous días descoñecía esta zona, e isto quere dicir que o territorio, se eu que me considero do sector e coñezo moitos lugares do mundo con ofertas enoturísticas a través de medios como as redes sociais, que é onde eu máis miro, pois se ainda así non o coñecía, significa que non está o suficientemente dado a coñecer. De feito, en Google hai poucas entradas sobre este lugar como destino enoturístico.
Afecta a crise ao sector enoturístico?
Para o enoturismo eu diría que non hai crise. O enoturista, falo de enoturistas estranxeiros, soe ter unha idade de entre 40 e 54 anos, soe facer as viaxes con parella e ten estudos altos e ingresos altos, polo que a este perfil de persoa, se hai crise no seu país non lle afecta tal e como lle pode afectar a outro traballador.
Que aporta a celebración deste congreso a Monforte?
Aos asistentes ao congreso o que fai é ensinarlles os rincóns deste lugar. Por exemplo, no noso caso nós temos un blog moi activo no que case ao momento publicamos todo o que facemos, así que ensinamos e difundimos este destino a outras partes do mundo. E despois coa miña conferencia o que tratei de aportar foi como captar máis enoturistas de forma gratuíta, que é a través das redes sociais, explotando o seu uso xa que nelas non hai competencia, todo o mundo o pode facer. Por outra parte, á cidade en sí ou aos veciños, eu diría que o congreso non lles aporta nada, porque a xente do pobo non pode asistir. E bueno, creo que os efectos do congreso se van a ver dende fóra, non dende dentro da poboación.
Visitaron o Centro do Viño. Que opinión lle merece?
A vantaxe que ten é que coa visita ao centro do viño véndese o territorio. Este centro está ben plantexado porque vai a fomentar o enoturismo na zona. Non sei que perfil de visitantes ten, nacionais ou estranxeiros, pero da igual porque co tempo fomentará máis visitas seguro. E o plantexamento é ese, vender viño tamén, pero sobre todo vender territorio que é do que se trata; por exemplo, como chegar ás adegas, onde aloxarse, que ver, etc.
Na súa opinión como experto cales son as claves para o éxito do enoturismo?
A clave do éxito é primeiro vender o territorio, e neste caso o territorio é Galicia. Pero en iso ainda hai moito que mellorar porque por exemplo, se buscas en Google a palabra enoturismo en Galicia, non hai absolutamente nada. E despois dende logo, explotar as redes sociais.
Ten a Ribeira Sacra algún rasgo singular para o enoturismo?
As ‘terrazas’ (bancais), sen dúbida. Eu coñezo o Douro en Portugal e é impresionante, pero isto impresiona moito máis. O problema é que creo que a xente de fóra non sabe que existe. Pero é impresionante, tanto a parte do Miño como a do Sil.
Non coñecía a Ribeira Sacra. E os seus viños?
É certo, descoñecía a Ribeira Sacra, estas paisaxes, os viñedos, pero xa digo, son incluso máis espectaculares que as do río Douro. Tamén descoñecía que se traballaran as variedades Mencía e Godello. O Godello é un viño afrutado, con boa acidez, seco, fresco e mineral. En canto ao Mencía só probei un e non é o meu estilo de viño para unha comida, pero seguro que conta con gran mercado. E probei un Albariño, con corpo, e sí, tamén me gustou.
Desde entonces he publicado dos entradas blogs sobre la ponencia y mis impresiones sobre el destino enoturístico que es Ribeira de Sacra:
Conferencia Inaugural IX Congreso de Museos del Vino de España http://www.winepleasures.com/2011/05/04/conferencia-inaugural-ix-congreso-de-museos-del-vino-de-espana/
Why Ribeira Sacra Wines are so Steep http://www.winepleasures.com/2011/05/10/why-ribeira-sacra-wines-are-so-steep/