Nova campaña promocional da Ribeira Sacra, e apertura do Consorcio Turístico

No último pleno do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, do que forman parte todos os municipios da parte luguesa e ourensá presentouse a liña oficial de merchandising. Neste senso, os representantes dos concellos prantexaron puntos de venta para a súa comercialización como as diferentes oficinas de turismo e algúns establecementos hoteleiros de gran capacidade, así coma nos embarcadoiros do catamarán. No caso de acadar bos resultados estudarán a posibilidade de ampliar as ventas a outros lugares. Por outra banda, deuse a coñecer a nova campaña promocional e a reunión tamén serviu para prantexar a incorporación da iniciativa privada ao Consorcio, con entidades coma o Consello Regulador do viño de Ribeira Sacra, en representación de viticultores e adegueiros, ou as asociacións de establecementos hostalerios de turismo rural Lugosur e Turisacra. Neste último pleno tamén se falou de finanzamento para este ano, no que se contará co mantemento das aportacións das dúas deputacións provinciais e coa aportación por parte dos concellos dun euro por habitante. Dende a xerencia do Consorcio informaron tamñen de que a Consellería de Cultura e Turismo asumirá unha colaboración similar á do pasado ano, ademáis da execución de proxectos turísticos dirixidos aos concellos e que serán tramitados a través do Consorcio.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

8 Vivendas rehabilitadas para mozos en Chantada

Seguinte Nova

Recoñecemento á poesía

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: