22M-eleccións municipais 2011: A Pobra do Brollón -Candidaturas, listas, valoración do mandato que finaliza, 3 obxectivos a cumprir en caso de acadar a alcaldía

BLOQUE NACIONALISTA GALEGO

José Luis Maceda, candidato do BNG á alcaldía de A Pobra do Brollón.

1.- Califique a situación municipal actual. “Eu creo que o noso goberno supuxo un cambio cualitativo, con melloras nas infraestruturas e sobre todo coa potenciación dos Servizos Sociais; unha mellora sustanciosa dende fai catro anos ata a actualidade. Hai que destacalo, porque Brollón é un concello no que apostamos polos Servizos Sociais con políticas para a xente, e sobre todo intentano paliar unha das problemáticas máis relevanes, que é a demografía e o avellentamento da poboación. Pero ademais, esta aposta serviu para convertir ao concello nunha oportunidade laboral dentro deste ámbito”. 2.- Indique tres obxectivos prioritarios se chegan á alcaldía. “Por un lado seguir a potenciar o traballo feito na área dos Servizos Sociais. En segundo lugar, contamos con algunhas iniciativas que van a permitir xerar emprego, como é a residencia xeriátrica que proxecta a Deputación, así como seguir avanzando na instalación da central de Biomasa, que tamén posibilitará a creación de varios postos de traballo. E terceiro, nun contexto de crise como o actual e que nos afecta, facer unha xestión de eficacia e austeridade”. 3.- Indique tres características da lista que encabeza. “Traballo, compromiso, ilusión e lealdade con un proxecto de traballo para os próximos catro anos”.

Lista: 1.-D. JOSÉ LUIS MACEDA VILARIÑO, 2.-D. MANUEL GONZÁLEZ MOREIRA, 3.-D. JOSÉ LUIS RODRÍGUEZ FRANCO, 4.-D. RICARDO RODICIO GONZÁLEZ, 5.-D. JOSEFA RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ, 6.-D. ÓSCAR RIVERA LÓPEZ, 7.-D. MARÍA SOLEDAD VILELA POL, 8.-D. JUAN JOSÉ GONZÁLEZ VÁZQUEZ, 9.-D. XABIER GONZÁLEZ MACEDA, 10.-D.JOSÉ DÍAZ FERNÁNDEZ, 11.-D. JOSÉ VIDE PÁEZ. SUPLENTES: 1.-D. MARÍA ALICIA FRANCO VEIGA, 2.-D. VICENTE PÉREZ CASTRO, 3.-D. JOSÉ BESTEIRO CASTAÑO

PARTIDO SOCIALISTA

Adoración Fernández, candidata do PSdG-PSOE á alcaldía de A Pobra do Brollón.

1.- Califique a situación municipal actual. “Durante esta lexislatura demos un xiro, melloramos tanto na forma de traballar como nas prioridades do concello. Nós concretamente, centramos as nosas actividades na terceira idade, no benestar, melloramos algúns dos locais sociais nos que xa estiveron a desenvolverse actividades, e puxemos en marcha o centro de día. En materia de Medio Ambiente demos pasos de xigante coa recollida de plásticos agrícolas, tamén fixemos tres puntos limpos deste tipo de plástico, temos un camión do lixo novo, e limpamos os ríos. En infraestruturas hai que destacar o saneamento; tamén investimos en alumeado público e en melloras de accesos, e contamos cun polideportivo completamente novo. Son algúns dos exemplos que ilustran a situación actual”. 2.- Indique tres obxectivos prioritarios se chegan á alcaldía. “Manter a Escola de Música, porque á parte da calidade e formación deste grupo de xente, trátase dun axente de dinamización moi importante. Impulsar a residencia, e despois traballar en aspectos tamén importantísimos como a traída de auga a algúns lugares, mellora de accesos e entornos de locais sociais, e o desenvolvemento do polígono industrial, entre outras cousas”. 3.- Indique tres características da lista que encabeza. “Sobre todo moitas gañas de traballar, moita coherencia e tamén, compromiso co concello”.

Lista: 1.-DNA. ADORACIÓN FERNÁNDEZ GONZÁLEZ, 2.-D. JAVIER GONZÁLEZ GONZÁLEZ, 3.-D. GUILLERMO LÓPEZ RIVERA, 4.-D. Mª MONTSERRAT MACÍA QUIROGA, 5.-D. XOSÉ ANTÓN COUSELO LUACES, 6.-D. CARMEN GALLEGO LÓPEZ, 7.-JAVIER MACEDA RODRÍGUEZ, 8.-D. CELESTINO FUENTE MARTÍNEZ, 9.-D. NIEVES PARADA SÁNCHEZ, 10.-D. SILVIA CASTRO DACAL, 11.- PABLO FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ. SUPLENTES: 1.-D. MARIO DOCASAR DOCASAR, 2.-D. Mª OLGA VALCÁRCEL FERNÁNDEZ, 3.-D. JOSÉ FRANCO CASTRO, 4.-D. VÍCTOR MANUEL LÓPEZ RODRÍGUEZ, 5.-D. MARCOS PARADA FERNÁNDEZ

PARTIDO POPULAR

David López Goyanes, candidato do PP á alcaldía de A Pobra do Brollón.

1.- Califique a situación municipal actual “É unha situación complicada, sobre todo pola débeda que hai, que non ten unha saída fácil. Para min foron catro anos perdidos nos que o concello estivo paralizado. Por exemplo, por non aprobar o PXOM, no 2010 non se deu ningunha licenza, con todo o que iso conleva en canto a construcción e creación de emprego. De igual xeito, por mor do PXOM tampouco se avanzou no polígono industrial, que segue paralizado. E bueno, sobre todo destacar a débeda que lastra o Concello”. 2.- Indique tres obxectivos prioritarios se chegan á alcaldía. “Aprobar xa o PXOM, avanzar no polígono industrial, e facer tamén o saneamento do concello polo menos nun 80% en catro anos; ou incluso en máis que no 80% porque contamos coa boa disposición da Conselleira de Traballo e Benestar para darnos un obradoiro de emprego que permitiría avanzar moito neste senso. E outros dos obxectivos serán tamén rebaixar a débeda municipal, e facer unha residencia con 80 prazas e tanatorio, tendo en conta que desas 80 prazas, grazas ao compromiso da Conselleira de Traballo e Benestar, 50 delas serán concertadas o primeiro ano, e despois irán aumentando según as necesidades dos veciños”. 3.- Indique tres características da lista que encabeza. “Diversidade, porque representamos a practicamente todo o concello, vai xente de case todas as parroquias; e despois, xente con gañas de traballar e con ilusión para loitar e traballar por este concello”

Lista: 1.-D. DAVID LÓPEZ GOYANES, 2.-D. MANUEL CASANOVA LÓPEZ, 3.-D. FERNANDO PARADA VEIGA, 4.-D. MANUEL RIVERA ARIAS, 5.-D. JOSÉ LUIS VILA PARADA, 6.-D. RAMÓN FRANCO POMBO, 7.-D. ESTRELLA PÁEZ FIGUEIRAS, 8.-D. PEDRO RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ, 9.-D. MARÍA SOL VÁZQUEZ SALGADO, 10.-D. JOSÉ LUIS ÁLVAREZ ÁLVAREZ, 11.-D. JOSÉ RODRÍGUEZ CARREIRA. SUPLENTES: 1.-D. NÉLIDA MACÍA MACÍA, 2.-D. MANUEL SACO COPA, 3.-D. ADRIANO PÉREZ DACAL, 4.-D. MANUEL LUACES DACAL.

INDEPENDIENTES DE A POBRA DO BROLLÓN

José Antonio García Pérez, candidato de Independentes de A Pobra do Brollón á alcaldía.

1.- Califique a situación municipal actual. “Vendo que o grupo de goberno intenta revalidar o seu mandato, a valoración que eu fago da súa xestión é nefasta, posto que incrementaron a débeda do Concello. Despois en canto a logros o balance tampouco é moi positivo. Non se fixeron grandes obras, como por exemplo o centro xeriátrico; non se avanzou no PXOM, e dende o punto de vista industrial tampouco se avanzou no polígono”. 2.- Indique tres obxectivos prioritarios se chegan á alcaldía. “En primeiro lugar está o tema de que temos unha sociedade cunha tasa de envellecemento avanzada, así que como prioridade tentaríamos conseguir por fin un centro xeriátrico. Despois destacar o polígono industrial, tratar de reavivalo porque contamos cunha situación xeográfica estratéxica, e tamén relanzar o PXOM, para darlle un impulso ao desenvolvemento urbanístico. E logo, conseguir o desenvolvemento sostible do concello, refírome a apostar por aspectos como o vitivinícola e a agricultura, así como tratar de explotar o turismo”. 3.- Indique tres características da lista que encabeza. “Destacamos pola ilusión, porque somos un grupo de persoas independentes achegados á política para que os veciños melloren a súa situación, e por último, porque somos un grupo que non está suxeito a ningunha forza ou grupo político, só ao beneficio dos veciños”.

Lista: 1.-D. JOSÉ ANTONIO GARCÍA PÉREZ, 2.-D. INÉS OLMO GONZÁLEZ, 3.-D. JUAN RAMÓN MÉNDEZ QUIROGA, 4.-D. OLIVA EVA LÓPEZ GONZÁLEZ, 5.-D. MARÍA ÁNGELES FERREIROS FERNÁNDEZ, 6.-D. MARTA RIVERA VÁZQUEZ, 7.-D. MANUEL LÓPEZ PÁEZ, 8.-D. CARLOS CHOUSA ZARAUZA, 9.- LUISA TROITIÑO OLMO, 10.-D. SUSANA CONCEPCIÓN CASAS CASARES, 11.-D. MANUEL RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ. SUPLENTES: 1.-D. DULCINEA OBDULIA VILELA RÚA, 2.-D. JOSÉ MANUEL COSTOYA FERNÁNDEZ, 3.-D. LUIS QUIROGA DOCASAR.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

22M-eleccións municipais 2011: Sober -Candidaturas, listas, valoración do mandato que finaliza, 3 obxectivos a cumprir en caso de acadar a alcaldía

Seguinte Nova

22M-eleccións municipais 2011: Bóveda-Candidaturas, listas, valoración do mandato que finaliza, 3 obxectivos a cumprir en caso de acadar a alcaldía

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

     
A %d blogueros les gusta esto: