22M-eleccións municipais 2011: Bóveda-Candidaturas, listas, valoración do mandato que finaliza, 3 obxectivos a cumprir en caso de acadar a alcaldía

PARTIDO POPULAR

José Manuel Arias, candidato do PP á alcaldía de Bóveda.

1.- Califique a situación municipal actual. “Estamos nun momento no que se ve claramente que lle sacamos fruto ao traballo de anos. Son varias cousas, moitas alternativas para as que realizamos un grande esforzo. Falo por exemplo do polígono industrial, así como da futura residencia que vai a crear máis de 80 postos de traballo, e tamén a gardería do concello. Infraestruturas e servizos que sirven para conciliar a vida familiar e laboral. Trátase ao mesmo tempo de prestar atención a un colectivo como é o dos máis pequenos, e de prestar atención aos Servizos Sociais en ramas como a atención a domicilio; e por suposto outras pequenas obras que se están facendo no día a día en todo o concello. Por exemplo vamos a seguir impulsando o crecemento do polígono industrial e tamén un maior apoio á iniciativa privada.”. 2.- Indique tres obxectivos prioritarios se chegan á alcaldía. “O primeiro deles será a posta en marcha da residencia, que quedou truncada co anterior goberno da Xunta. Despois tamén trataremos de sacar adiante varios proxectos que freou a Deputación actual, como por exemplo o ensanche do campo de fútbol ou a construcción da piscina. Tamén traballaremos na aprobación do Plan Xeral, e por suposto tal e como vimos facendo, no boca a boca para que veñan e sigan instalándose empresas no polígono industrial de Bóveda, sen esquecer outros ámbitos como por exemplo a agricultura”. 3.- Indique tres características da lista que encabeza. “Nos primeiros postos repito equipo porque estou moi orgulloso; é un grupo de xente comprometida con Bóveda. E despois tamén levamos xente nova, traballadora, que quere implicarse co concello. En parte trátase dunha lista renovada para que tamén se vaian integrando na política”.

Lista: 1.-D. JOSÉ MANUEL ARIAS LÓPEZ, 2.-D. JOSÉ LUIS RIVERA SACO, 3.-D. DIONISIO BLANCO RUBIÑOS, 4.-D. FRANCISCO JAVIER DOMÍNGUEZ LÓPEZ, 5.-D. NATIVIDAD RODRÍGUEZ LÓPEZ, 6.-D. CRISTINA JUIZ LÓPEZ, 7.-D. PATRICIA LÓPEZ LÓPEZ, 8.-D. JOSÉ MANUEL CARBALLO PÉREZ, 9.-D. PILAR VALCÁRCEL PÉREZ. SUPLENTES: 1.-D. IBÁN RODRÍGUEZ PUENTE, 2.-D. JOSÉ CARLOS RIVERO ESTÉVEZ, 3.-D. CINTIA VIDAL LÓPEZ, 4.-D. MANUEL SARMIENTO LÓPEZ, 5.-D. VANESA LÓPEZ GONZÁLEZ, 6.-D. PATRICIA RIVERA LORENZO.

PARTIDO SOCIALISTA

Pablo Arraiz, candidato do PSdG-PSOE á alcaldía de Bóveda.

1.- Califique a situación municipal actual. “Todo o partido considera que o goberno destes catro anos por parte do equipo actual foi desastroso, con moitos erros. Fixéronse moitas cousas sí, pero ningunha acorde ás necesidades dos veciños”. 2.- Indique tres obxectivos prioritarios se chegan á alcaldía. “No noso programa incluímos varias liñas. Así por exemplo, hai cabida para os autónomos e as Pymes, xa que a nosa intención é a de crear un viveiro de empresas; gustaríanos implantar as novas tecnoloxías e mellorar a cobertura de internet; apoiar os proxectos empresariais e de autoemprego. Así mesmo, consideramos que o polígono industrial foi unha boa obra, pero en Bóveda deberíamos potenciar e contar con máis pilares económicos. Temos tamén unha liña específica para a agricultura, onde pretendemos crear unha bolsa de leiras municipais e fomentar a recuperación da gandeiría, así como solventar o problema do consumo de auga que afecta a determinadas explotacións; queda moito monte comunal no que tentaríamos fomentar a producción conxunta dos veciños; e tamén tocaríamos outros puntos como a agricultura ecolóxica, infraestruturas, o Medio Ambiente, a sanidade, e a área de infancia, xuventude e deportes. Dialogar cos veciños tamén sería importante, como no caso dos montes comunais, onde queremos desafectar o inventario de bens, pasarlle o monte aos veciños e que sexan eles quenes cobren as expropiacións”. 3.- Indique tres características da lista que encabeza. “Teño moita sorte de encabezar unha lista como a miña, con xente nova e outra máis veterana, renovada, pero tamén con algúns que repiten, e que son un gran equipo que está a traballar moito para tratar de conseguir a alcaldía; unha lista que me da fortaleza para acadar este obxectivo”.

Lista: 1.-D. PABLO ARRAIZ GÓMEZ, 2.-D. Mª DEL CARMEN MACÍA RODRÍGUEZ, 3.-D. PAZ FERNÁNDEZ CAMPO, 4.-D. Mª CARMEN CARBALLADA RODRÍGUEZ, 5.-D. GONZALO FERNÁNDEZ CARREIRA, 6.-D. GUILLERMO GONZÁLEZ RODRÍGUEZ, 7.-D. JOSÉ LÓPEZ CASTRO, 8.-D. ROBERTO CARLOS PIÑEIRO PACIO, 9.-D. J.MANUEL GONZÁLEZ LOSADA. SUPLENTES: 1.-D. JESÚS MIGUEL DOMÍNGUEZ FERNÁNDEZ, 2.-D. ISABEL DÍAZ GÓMEZ, 3.-D. EVA LÓPEZ VEIGA.

BLOQUE NACIONALISTA GALEGO

José Luis Vila, candidato do BNG á alcaldía de Bóveda.

1. Califique a situación municipal actual. “A situación actual é a dun proxecto esgotado, o balance que facemos destes catro anos é o dun proxecto de mantemento e pouco máis. Adicáronse a podar árbores, cortar o céspede e a facer iso, tarefas de mantemento. Eu entendo que son necesarias, pero un concello como o de Bóveda necesita algo máis. Están ahí as promesas da piscina ou da residencia, pero en firme non sabemos nada. E en catro anos penso que houbo máis que tempo para levar a cabo outras iniciativas”. 2.- Indique tres obxectivos prioritarios se chegan á alcaldía. “Máis que tres obxectivos indicar que temos un programa dividido en seis áreas. Un programa que é factible e que se compón de servizos mínimos (saneamento para as parroquias), servizos sociais (unha residencia pública para os maiores e a necesidade dunha gardería para os máis pequenos), axudas aos sectores productivos (aos labregos e ás Pymes con axudas non só económicas), cultura (coa defensa do noso patrimonio recuperando por exemplo o reloxio de Filgueira ou os almancéns de Renfe), sanidade (apoio total ao hospital comarcal), e medio ambiente (promover unha planta de biomasa como a de Brollón). É que aquí non hai nada, e o que fan dende o concello é botarlle a culpa a factores externos en vez de buscar solucións”. 3.- Indique tres características da lista que encabeza. “É unha lista de xente nova pero tamén hai algúns veteranos. Eu por exemplo teño 50 anos e son fontaneiro, pero hai integrantes de 30 anos e de profesións moi diversas. É un grupo homoxéneo, compacto e de xente moi preparada. Un equipo para facer un bo partido”.

Lista: 1.-D. JOSÉ LUIS VILA CARRIL, 2.-D. RAMÓN MANUEL GONZÁLEZ SOMOZA, 3.-D. MARÍA VALCÁRCEL ARES, 4.-D. JORGE GARCÍA LÓPEZ, 5.-D. JOSÉ ANTONIO VALCÁRCEL VÁZQUEZ, 6.-D. MARÍA VANESSA CASAS LÓPEZ, 7.-D. JESÚS GONZÁLEZ VÁZQUEZ, 8.-D. JOSÉ LUIS RODRÍGUEZ CARBALLADA, 9.-D. MARIO CASAR FERNÁNDEZ. SUPLENTES: 1.-D. XOSÉ MARÍA RODRÍGUEZ CASTRO, 2.-D. XOSÉ LOIS MANUEL LÓPEZ DE PRADO ARIAS, 3.-D. JOSÉ LUIS FERNÁNDEZ TALLOS.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

22M-eleccións municipais 2011: A Pobra do Brollón -Candidaturas, listas, valoración do mandato que finaliza, 3 obxectivos a cumprir en caso de acadar a alcaldía

Seguinte Nova

22M-eleccións municipais 2011: Ribas do Sil -Candidaturas, listas, valoración do mandato que finaliza, 3 obxectivos a cumprir en caso de acadar a alcaldía

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

A %d blogueros les gusta esto: