22M-eleccións municipais 2011: Chantada -Candidaturas, listas, valoración do mandato que finaliza, 3 obxectivos a cumprir en caso de acadar a alcaldía

PSdG-PSOE

Manuel Anxo Taboada, candidato do PSdG-PSOE á alcaldía de Chantada.

1. Califique a situación municipal actual “No último mandato mellorou moito a situación do Concello. Por unha parte executáronse unha gran cantidade de obras en infraestruturas, moitas delas ao cargo do cobro do canon, pero tamén se fixeron outras á marxe coma o parque de bombeiros. Por outro lado, conseguimos rebaixar a débeda do Concello a 3,6 millóns, tendo en conta que cando chegamos ao goberno estaba en 6,9 millóns. Entre os investimentos máis importantes está a ampliación do polígono, as melloras no mercado gandeiro, no campo de fútbol, nas piscinas exteriores e na rede de estradas municipais. A Casa da Música e o edificio de oficinas municipais do complexo multiusos son tamén unha realidade.” 2. Indique tres obxectivos prioritarios no caso de acadar a alcaldía “Poñer en marcha a nova depuradora para a que xa temos os terreos e o proxecto pendente de adxudicación; completar o multiusos da Praza de Galicia coa construcción da Casa do Concello e extender o saneamento, abastecemento e depuración dos núcleos rurais xunto coa aprobación do PXOM.” 3. Indique tres características da lista que encabeza “É unha lista con experiencia no goberno local e na política que tamén incorpora xente nova e está formada por representantes de todos os sectores económicos do municipio.”

Lista: 1.-D. MANUEL ANXO TABOADA RODRÍGUEZ, 2.-D. XOSÉ MANUEL LEDO FERNÁNDEZ, 3.-D. RAQUEL LÓPEZ RODRÍGUEZ, 4.-D. PABLO RODRÍGUEZ NOVOA, 5.-D. Mª LUZ FERNÁNDEZ, LÓPEZ, 6.-D. JOSÉ ANTONIO NEIRA VÁZQUEZ, 7.-D. JOSÉ ANTONIO COSTA FERNÁNDEZ, 8.-D. Mª ESTHER SEIJAS VILELA, 9.-D. ASTRID SEIJAS RODRÍGUEZ, 10.-D. ZAIDA GONZÁLEZ VÁZQUEZ, 11.-D. Mª AURORA BALTAR DÍAZ, 12.-D. JOSÉ LUIS VÁZQUEZ HERMIDA, 13.-D. HÉCTOR LEDO RODRÍGUEZ. SUPLENTES: 1.-D. Mª DEL CARMEN DELGADO RODRÍGUEZ, 2.-D. JOSÉ A. LEDO MÉNDEZ, 3.-D. JESÚS BOÁN MÉNDEZ.

BLOQUE NACIONALISTA GALEGO (BNG)

Ildefonso Piñeiro, candidato do BNG á alcaldía de Chantada.

1. Califique a situación municipal actual “Conseguimos reducir o déficit practicamente á metade. Cando chegamos ao Concello atopámolo nunha situación moito peor do que agardabamos, con case 7 millóns de euros de débeda. Por outra parte, a pesar de que o rural conta aínda con moitas carencias, conseguise avanzar nese senso, coa instalación de saneamentos e as traídas de auga. Tamén houbo nestes catro anos unha importante renovación de espazos públicos e conseguimos cobrar o canon, que fixo posible a construcción do multiusos. Non podemos esquecer as reformas no paseo fluvial e en varias rúas, os arranxos na N-540 e a ampliación do polígono industrial.” 2. Indique tres obxectivos prioritarios no caso de acadar a alcaldía “O obxectivo número un é a xente e o emprego. Para iso sentáronse bases co polígono, e pretendemos darlle beneficios fiscais e axudas aos emprendedores e ao comercio ao tempo que achegar as oportunidades da xente do rural ás da vila. Pretendendemos solucionar o problema de tráfico no barrio da Ponte e traballar na área de Benestar, pensando nun centro de día público e nunha residencia.” 3. Indique tres características da lista que encabeza “Xente comprometida que cre na política como servizo público e te gañas de traballar por un interese común por riba dos intereses particulares, trátase dunha lista renovada ao 50%e con xuventude.”

Lista: 1.-D. ILDEFONSO JOSÉ PIÑEIRO DÍAZ, 2.-D. XESÚS MAZAIRA VARELA, 3.-D. OLGA OTERO GÓMEZ, 4.-D. ANTONIO FENTE PARADA, 5.-D. INÉS FERNÁNDEZ PORTO, 6.-D. ALBERTO LEDO MOURE, 7.-D. MONTSERRAT REY SAA, 8.-D. CASTOR FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ, 9.-D. ELVIRA MONTES VENCE, 10.-D. JOSÉ MANUEL LEDO CONDE, 11.-D. Mª ÁNGELES SÁNCHEZ GONZÁLEZ, 12.-D. Mª LAURA VÁZQUEZ SOBRADO, 13.-D. XOSÉ ÁLVAREZ BUGALLO. SUPLENTES: 1.-D. CARLOS FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ, 2.-D. CARMEN GONZÁLEZ DOVAL, 3.-D. ALFREDO PARDO HERMIDA, 4.-D. ASTRID PÉREZ GÓMEZ, 5.-D. RAMÓN RODRÍGUEZ NOVOA, 6.-D. ILDA MERA BAYÓN, 7.-D. IBÁN RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ.

PARTIDO POPULAR

Ramón Fernández, candidato do PP á alcaldía de Chantada.

1. Califique a situación municipal actual “Chantada é, en termos económicos, un concello en bancarrota. A débeda recoñecida está entre os seis e os seis millóns e medio de euros. Trátase dun concello pouco explotado no eido turístico, sector con escasísimo investimento municipal. No ámbito agrario tamén é un diamante en bruto, fundamentalemente na agricultura e sector vitivinícola e forestal aos que se lles prestou escasa atención.” 2. Indique tres obxectivos prioritarios no caso de acadar a alcaldía “En primeiro lugar sanear as contas e pagar as débedas mediante a atracción de empresas e o fomento do turismo. En segundo lugar traballar pola axilización das autovías Lugo- Ourense e Monforte- Chantada, que son vías de comunicación fundamentais para o desenvolvemento da comarca. En terceiro lugar daráselle prioridade ao sector agrícola tratando de fomentar actividades de transformación dos produtos, pechando os ciclos produtivos e fomentando que se lle confira valor engadido de cara ao mercado. Os tres obxectivos confúen nun so e prioritario que é o de crear emprego.” 3. Indique tres características da lista que encabeza “Xuventude, ganas de traballar e un proxecto común que se chama Chantada. A lista do PP está formada por xente con experiencia na xestión e é un equipo unido.”

Lista: 1.-D. RAMÓN FERNÁNDEZ REINOSO, 2.-D. MARÍA PAZ POLO FERNÁNDEZ, 3.-D. VÍCTOR LÓPEZ GÓMEZ, 4.-D. DOROTEA GÓMEZ RODRÍGUEZ, 5.-D. NOELIA LÓPEZ LEDO, 6.-D. JOSÉ LUIS JANEIRO RODRÍGUEZ, 7.-D. FRANCISCO JAVIER RODRÍGUEZ MEDELA, 8.-D. VERÓNICA PRADO DIÉGUEZ, 9.-D. MANUEL CONSTANTINO EIRE POYAN, 10.-D. ERICA FERNÁNDEZ LEDO, 11.-D. JAVIER LÓPEZ RODRÍGUEZ, 12.-D. ANA BELÉN GARCÍA LÓPEZ, 13.-D. SERGIO VÁZQUEZ YEBRA. SUPLENTES: 1.-D. CRISTINA ABAD DÍAZ, 2.-D. ANTONIO MAZAIRA GONZÁLEZ, 3.-D. ANA MARÍA SÁNCHEZ RODRÍGUEZ.

 

INDEPENDENTES TERRAS DO ASMA (INTA)

Manuel Lorenzo Varela, candidato do INTA á alcaldía de Chantada.

1. Califique a situación municipal actual “Chantada está nunha situación económica delicada, como todos os concellos. Co cobro do canon saldouse unha boa parte da débeda, e o déficit hoxe en día é asumible. Pero o descenso nas transferencias de capital do Estado e da Xunta é outro golpe importante. Falando de actuacións, nos últimos catro anos, saíndo das vinculadas ao canon e ao Plan E, hai unha escaseza de investimentos da Xunta e da Deputación que non permitiu seguir a traxectoria de obras dos anos anteriores.” 2. Indique tres obxectivos prioritarios no caso de acadar a alcaldía “Traballar pola autovía Lugo- Ourense, leva anos paralizada e é un proxecto primordial para o desenvolvemento do polígono e do municipio. En segundo lugar traballar conxuntamente co sector hostaleiro, turístico e vitivinícola para fomentar un turismo de calidade que tén futuro en Chantada. Por outra banda o alto envellecemento poboacional obriga a centarse no Benestar, entre outras cousas promoverase un centro de día con moita máis capacidade.” 3. Indique tres características da lista que encabeza “Trátase dunha lista equilibrada, formada por persoas con experiencia política no goberno e na oposición e de xente nova e formada con futuro e proxección que aporta ideas novas.”

Lista: 1.-D. MANUEL LORENZO VARELA RODRÍGUEZ, 2.-D. JOSÉ CASTOR NOVOA FERNÁNDEZ, 3.-D. MARÍA CÁNDIDA CARNERO BLANCO, 4.-D. MANUEL DIÉGUEZ CARBALLO, 5.-D. PAMELA FERNÁNDEZ ÁGUILA, 6.-D. JUAN ALBERTO DIÉGUEZ FERNÁNDEZ, 7.-D. DIEGO OTERO VEIGA, 8.-D. JOSÉ LÓPEZ GÓMEZ, 9.-D. ALBA LEDO QUINTANA, 10.-D. SALUD SOTELO SOTELO, 11.-D. JUAN CARLOS VARELA FRAGA, 12.-D. RAMÓN FEIJOO GIL, 13.-D. MARÍA ANTÍA VÁZQUEZ LORENZANA. SUPLENTES: 1.-D. JOSÉ MANUEL LAMA LAMAS, 2.-D. PATRICIA VILA LAMAZARES.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

22M-eleccións municipais 2011: Sarria -Candidaturas, listas, valoración do mandato que finaliza, 3 obxectivos a cumprir en caso de acadar a alcaldía

Seguinte Nova

22M-eleccións municipais 2011: O Saviñao -Candidaturas, listas, valoración do mandato que finaliza, 3 obxectivos a cumprir en caso de acadar a alcaldía

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

     
A %d blogueros les gusta esto: