22M-eleccións municipais 2011- Monforte de Lemos-Candidaturas, listas, valoración do mandato que finaliza, 3 obxectivos a cumprir en caso de acadar a alcaldía

BNG

Severino Rodríguez, candidato do BNG á Alcaldía de Monforte de Lemos

1.- Califique a situación municipal actual. “Eu creo que Monforte, en liñas xerais, a inmensa maioría da xente está contenta de vivir aquí. É un concello que vai no bo camiño, que ten unhas perspectivas actuais e de futuro optimistas. Ademais creo que ese camiño pasa por que entre todos, políticos e cidadáns, habilitemos espazos e solo industrial moi apetecible para que as empresas se instalen en Monforte; tamén por seguir apostando e potenciando a Ribeira Sacra no ámbito que sexa, xa que iso traerá postos de traballo e riqueza; e tamén por consolidar a Monforte como a cidade do benestar. Monforte avanzou moito coa residencia e o centro de día, e creo que o gran reto conxunto é agora a construcción da residencia de maiores, xa que servirá para prestar un servizo de calidade e para crear emprego”. 2.- Indique tres obxectivos prioritarios se chegan á alcaldía. “A reforma e potenciación da praza de abastos co compromiso de crear aparcamento; a posta en marcha de iniciativas empresariais, con condicións favorables para que esas iniciativas saian adiante; e a construcción da nova ponte sobre Aceña, en Carude, e a reforma do actual ponte novo recuperando a súa estructura antiga e permitindo así ademais, un pequeno mirador a ambos lados do río”. 3.- Indique tres características da lista que encabeza. “En primeiro lugar, como único compromiso Monforte; en segundo lugar, experiencia, en terceiro lugar, sinxeleza, e por último engadir humildade”.

Lista: 1.-D. SEVERINO RODRÍGUEZ DÍAZ, 2.-D. MARÍA JOSÉ VEGA BUJÁN, 3.-D. MARÍA DEL PILAR LÓPEZ MARTÍNEZ, 4.-D. ANA MARÍA CASAL RIVAS, 5.-D. JOSÉ LUIS RODRÍGUEZ RIVERA, 6.-D. ANTONIO LUACES DÍAZ, 7.-D. JOSÉ MANUEL PAVÓN GONZÁLEZ, 8.-D. MARÍA ALICIA INMACULADA CADARSO PALAU, 9.-D. ESTRELLA DOLORES FORMOSO LAGO, 10.-D. MARINA VIDUEIRA FRANJO, 11.-D. XOSÉ LOIS LOSADA LAGO, 12.-D. ALBERTO VÁZQUEZ CABO, 13.-D. ROSA ANA SOMOZA VILA, 14.-D. JOSÉ ANTONIO DÍAZ EXPÓSITO, 15.-D. MARÍA FE MARTÍNEZ COUTADO, 16.-D. ALFONSO RODRÍGUEZ UDIAS, 17.-D. ISABEL SÁNCHEZ MONTENEGRO. SUPLENTES: 1.-D.Mª CARMEN FERNÁNDEZ CID, 2.-D. JOSÉ Mª DONADO ESTEBAN, 3.-D. JOSÉ ÁNGEL CASTRO VILLAR, 4.-D. MARTA CELEIRO GONZÁLEZ, 5.-D. SALVADOR PAGAZAURTUNDUA GÓMEZ.

PSdG-PSOE

José Tomé, candidato do PSdG-PSOE á alcaldía de Monforte de Lemos

1.- Califique a situación municipal actual. “A situación municipal actual eu vexoa de estancamento porque Monforte non crece e o pobo non está medrando, mentres que outros pobos cercanos como Sarria ou Chantada sí que medran. E isto non é bo, ademais non hai emprego e a xente ten que marcharse a traballar fóra. Eu creo que a solución pasa por facer o contrario, impulsar iniciativas empresariais e taer empresas para o polígono como é o caso de Pacadar. E ese é o camiño, ou somos capaces de crear emprego aquí para a nosa xente, ou senon seguiremos baixando en poboación e polo tanto Monforte seguirá estancado”. 2.- Indique tres obxectivos prioritarios se chegan á alcaldía. “Un sería evidentemente a creación de empreto a través da implantación de empresas no polígono e no porto seco; en segundo lugar hai que elaborar dunha vez o Plan Xeral de Ordenación Municipal e de protección do casco histórico para que o sector da construcción poda volver a ter actividade e dar emprego, e en terceiro lugar o tema do hospital comarcal, que siga tendo a autonomía que tivo ata o de agora, que siga sendo unha área sanitaria e que non se rebaixen servizos”. 3.- Indique tres características da lista que encabeza. “Primeiro que a candidatura está formada polo mesmo número de homes que de mulleres, hai unha paridade na xente que vai na lista; son profesionais xa que todos teñen os seus postos de traballo, de mediana idade e sobradamente formados para poder levar a cabo actuacións de goberno en beneficio dos cidadáns; e en terceiro lugar, tamén se trata dunha candidatura renovada”.

Lista: 1.-D. JOSÉ TOMÉ ROCA, 2.-D. Mª JOSÉ GONZÁLEZ RODRÍGUEZ, 3.-D. GUILLERMO RODRÍGUEZ VILABOA, 4.-D. GLORIA Mª PRADA RODRÍGUEZ, 5.-D. EMILIO RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, 6.-D. MARINA Mª DOUTÓN RAJO, 7.-D. JOSÉ LUIS LOSADA FERNÁNDEZ, 8.-D. SANDRA ÁLVAREZ RODRÍGUEZ, 9.-D. MANUEL FRANCISCO BANDE NEIRA, 10.-D. MARGARITA LÓPEZ RODRÍGUEZ, 11.-D. RICARDO VICENTE DOCASAR DOCASAR, 12.-D. LUCINDA FERNÁNDEZ GONZÁLEZ, 13.-D. JUAN BAUTISTA VÁZQUEZ FOUCES, 14.-D. Mª SOL DOCASAR CASTAÑO, 15.-D. JOSÉ ENRIQUE SAMPIL SÁNCHEZ, 16.-D. Mª MERCEDES FERNÁNDEZ LÓPEZ, 17.-D. JAIME VÁZQUEZ RODRÍGUEZ.SUPLENTES: 1.-D. REGINA LÓPEZ ARIAS, 2.-D. ANTONIO MARTÍNEZ ALONSO, 3.-D. SONIA LÓPEZ MONTERO, 4.-D.JOSÉ MERA LÓPEZ, 5.-D. Mª ANTONIA NAVEIRA LÓPEZ, 6.-D. JOSÉ MANUEL TALLÓN MOURÍN, 7.-D. CONCEPCIÓN RODRÍGUEZ CARNERO, 8.-D. ÁNGEL LÓPEZ GÓMEZ, 9.- SABELA VÁZQUEZ LÓPEZ,-D. JOSÉ A. GONZÁLEZ MONTERO.

Partido Popular

Julia Rodríguez, candidata do PP á alcaldía de Monforte de Lemos.

1.- Califique a situación municipal actual. “Nun titular así moi rápido eu diría que a situación é ‘moi mellorable’. Creo que foron catro anos improductivos no senso de que perdemos empresas, non captamos empresas e polo tanto tampouco xeramos emprego. Na miña opinión foi improductivo a nivel de xestión, non se investiu en recursos para proxectar a cidade e creo que tamén se perderon moitas oportunidades”. 2.- Indique tres obxectivos prioritarios se chegan á alcaldía. “Manter e mellorar os servizos básicos que se están prestando aos veciños e que recibe toda a poboación, especialmente na área de Servizos Sociais. Sen embargo, creo que un dos obxectivos máis importante é o de xerar emprego e que os xóvenes vexan en Monforte un lugar para traballar e para vivir. Xa sei que isto non se fai nun día, pero o que hai que facer é comezar a invertir esta tendencia, apoiando aos emprendedores e tratando de axudar ás novas iniciativas. E outro dos obxectivos sería facilitar, ou máis ben, facer funcional a cidade; faltan zonas verdes, temos un problema importante de aparcamento debido á remodelación de beirarrúas, e está ben que se fagan este tipo de remodelacións, pero tratando de evitar a creación doutros problemas”. 3.-Indique tres características da lista que encabeza. “Somos xente xoven, traballadora, responsable, e sobre todo xente con moitas gañas de tirar e traballar pola súa cidade e con moita ilusión”.

Lista: 1.-D. MARÍA JULIA RODRÍGUEZ BARREIRA, 2.-D. JOSÉ MANUEL PUGA GÓMEZ, 3.-D. MARÍA PURIFICACIÓN ARGÍZ QUINTÁS, 4.-D. MANUEL RODRÍGUEZ MARTÍNEZ, 5.-D. FERNANDO SÁNCHEZ MÉNDEZ, 6.-D. ROSA MARÍA RODRÍGUEZ CAMINO, 7.-D. FRANCISCO JOSÉ CELA RODRÍGUEZ, 8.-D. JOSÉ ANTONIO EIRIZ LÓPEZ, 9.-D. MIGUEL ÁNGEL MARTÍNEZ LLANO, 10.-D. MARÍA PÉREZ NAVEIRA, 11.-D. JOSÉ RODRÍGUEZ LIÑARES, 12.-D. JOSÉ RAMÓN LÓPEZ VÁZQUEZ, 13.-D. ANTONIO FRANCISCO LÓPEZ SENRA, 14.-D. MARÍA CARMEN RITA LÓPEZ FRANJO, 15.-D. GRETA VARELA FRANCO, 16.-D. RICARDO LÓPEZ PLAZA, 17.-D. Mª CORONA PILAR CARREIRA RODRÍGUEZ. SUPLENTES: 1.-D. LORENA SILVA LÓPEZ, 2.-D. ELEUTERIO LÓPEZ LOUZAO, 3.-D. RAÚL DÍAZ FREIRE.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Grafiteros de élite redeseñan o espíritu da rúa

Seguinte Nova

22M-eleccións municipais 2011: Sarria -Candidaturas, listas, valoración do mandato que finaliza, 3 obxectivos a cumprir en caso de acadar a alcaldía

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

Ir aInicio

Don't Miss