PARTIDO POPULAR
1. Califique a situación municipal actual.
“A situación do Concello é relativamente boa, tendo en conta a crise económica que todos estamos a vivir, a nosa débeda non é alta, e incluso temos capacidade para mercar terreos para futuras infraestruturas, tal e como acabamos de facer. Levamos tempo mellorando os servizos, e nos últimos meses destaca por exemplo a mellora da recollida do lixo, á que se adican partidas importantes, e que ten mellorado moito no rural e ten incorporado novas accións como a recollida específica de obxectos vellos.” 2. Indique tres obxectivos prioritarios no caso de acadar a alcaldía. “É prioritaria a construcción dun novo centro de saúde, porque consideramos que a sanidade é algo prioritario. Por outra parte seguirá habendo unha clara aposta polo polígono industrial e unha procura de emprego, tamén enfocado á xente nova, conscientes de que a situación é moi complicada. Un terceiro obxectivo é apostar máis pola xuventude, a muller e o benestar social e prantexamos crear unha nova concellería enfocada nestas áreas e con proxectos de futuro.” 3. Indique tres características da lista que encabeza. “As características están moi claras, a lita está composta por xente que repite e que aportamos traballo e experiencia na xestión local, e por outa parte, incorporase xuventude con capacidade e que aporta futuro e ideas. Penso que na confección desta lista destaca fundamentalmente a apertura á xuventude.”Lista: 1.-D. JOAQUÍN GONZÁLEZ GONZÁLEZ, 2.-D. JUAN CARLOS ARMESTO QUIROGA, 3.-D. MÓNICA LÓPEZ SAAVEDRA, 4.-D. BEATRIZ ROIS CASTRO, 5.-D. JESÚS SÁNCHEZ SACO, 6.-D. RAMÓN VARELA ROIS, 7.-D. JOSÉ ALIPIO CURTO MÉNDEZ, 8.-D. MARÍA DEL CARMEN BARREIRO DÍAZ, 9.-D. MARÍA TERESA VARELA GARCÍA, 10.-D. ANTONIO LÓPEZ JORGE, 11.-D. TANIA PRADO RODRÍGUEZ. SUPLENTES: 1.-D. MANUEL ÁNGEL OTERO FERREIRO, 2.-D. MANUEL LOSADA RODRÍGUEZ, 3.-D. ISABEL RODRÍGUEZ LOSADA.
PARTIDO SOCIALISTA
1. Califique a situación municipal actual.
“A situación é pésima. O municipio do Saviñao atravesa unha etapa de decadencia, que se ve perectamente reflectida nos datos poboacionais e na actividade económica. Trátase dun concello no que caen todos os indicadores socioeconómicos. A nivel do goberno local existe un absoluto sectarismo e escurantismo tanto na xestión coma na relación cos veciños, os últimos catro anos foron outro mandato perdido.” 2. Indique tres obxectivos prioritarios no caso de acadar a alcaldía “Abrir a residencia e o centro de día públicos, trasladar o matadoiro para o polígono industrial e activar un plan de emprego e participación enfocado fundamentalmente á xuventude a través dunha serie de iniciativas coma o contacto con este sector da poboación a través dun Consello da Xuventude e unha Casa da Xuventude, ou fomentando o cooperativismo e a creación de pequenas empresas enfocadas a poñer en valor o agro ou os montes comunais. En definitiva, O Concello ten que converterse nun axente activo na creación de emprego. Por outra banda, pretendemos achegar os servizos de saneamento e abastecemento de auga a todas as parroquias e adecentar os lugares do rural que están moi abandonados.” 3. Indique tres características da lista que encabeza “A nosa lista está composta por xente preparada, con ilusión e experiencia. Fundamentalmente mestura renovación con xuventude e novas ideas que se unen á experiencia doutros membros da lista.”BLOQUE NACIONALISTA GALEGO
Lista: 1.-D. FRANCISCO LEONARDO NIEVES RAJO, 2.-D. ANTÍA NIEVES RODRÍGUEZ, 3.-D. TAR LÓPEZ LÓPEZ, 4.-D. TANIA MIRÁS LÓPEZ, 5.-D. MARCOS TABOADA GARCÍA, 6.-D. PAULA FERNÁNDEZ GARCÍA, 7.-D. BENIGNO GONZÁLEZ GONZÁLEZ, 8.-AGUSTÍN LÓPEZ LÓPEZ, 9.-D. MARINA FERNÁNDEZ EXPÓSITO, 10.-D. MARÍA JOSÉ SÁNCHEZ LÓPEZ, 11.-D. XOSÉ MANUEL RODRÍGUEZ MARTÍNEZ. SUPLENTES: 1.-D. ROSA MARÍA LÓPEZ MÉNDEZ, 2.- JOSÉ ARMANDO FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ, 3.-D. JAIME NOGUEROL NOGUEROL, 4.-D. JOSÉ CARLOS JORGE RODRÍGUEZ, 5.-D. MARÍA DE LA PAZ FERNÁNDEZ VÁZQUEZ.