22M-eleccións municipais 2011: Quiroga -Candidaturas, listas, valoración do mandato que finaliza, 3 obxectivos a cumprir en caso de acadar a alcaldía

PARTIDO POPULAR

Julio Álvarez, candidato do PP á alcaldía de Quiroga.

1.- Califique a situación municipal actual. “Creo que é extraordinaria. Temos algúns problemas de desemprego, aspecto que consideramos unha das cuestións primordiais a resolver, pero fóra de ahí, en canto a servizos públicos municipais, pois creo que a situación é magnífica”. 2.- Indique tres obxectivos prioritarios se chegan á alcaldía. “O obxectivo prioritario é algo que xa comentei moitas veces, e que sería manter a calidade de vida e o número de servizos que temos ata estes momentos a pesar da situación económica que estamos atravesando todos os concellos, despois dos recortes brutais que nos está facendo o goberno de Zapatero. E en segundo lugar, pois colaborar coas administracións públicas, que son as que teñen competencia para intervir en todo o relacionado co crecemento e xeración de postos de traballo. Só indicar que o noso lema dende sempre é que Quiroga é unha pequena cidade, polo tanto, que non falte nada do que se poda atopar noutros sitios”. 3.- Indique tres características da lista que encabeza. “Trátase dunha lista equilibrada no sentido de que o 50% é xente nova, menores de 40 anos, xa que hai un rapaz de 18 anos, unha rapaza de 24, e outro de 28. E despois leva a veteranía dalgún membro do equipo de goberno actual; e por suposto con gañas de facer cousas. Incluímos polo tanto o impulso da xente nova, e ao mesmo tempo a serenidade e o sosiego dos máis maiores e experimentados, polo que creo que xuntos facemos un cóctel extraordinario, penso eu”.

Lista: 1.-D. JULIO ÁLVAREZ NÚÑEZ, 2.-D. ANA MARÍA NÚÑEZ GARCÍA, 3.-D. JOSÉ LUIS RIVERA CASTRO, 4.-D. ROSA MARÍA ARZA RODRÍGUEZ, 5.-D. JOSÉ ENRIQUEZ ÁLVAREZ, 6.-D. MARÍA DOLORES SÁNCHEZ DURÁN, 7.-D. JOSÉ ÁNGEL RODRÍGUEZ RAPOSO, 8.-D. MANUEL MONDELO RODRÍGUEZ, 9.-D. RAMÓN LÓPEZ CARBALLEDO, 10.-D. PILAR DIÉGUEZ GONZÁLEZ, 11.-D. MARÍA DEL CARMEN ARMESTO FIDALGO. SUPLENTES: 1.-D. ROSA MARÍA AIRA CABO, 2.-D. JORDI RODRÍGUEZ CAMPINS, 3.-D. VICENTE RODRÍGUEZ VILA.

PSdG-PSOE

José Luis del Pont, candidato do PSdG-PSOE á alcaldía de Quiroga.

1.- Califique a situación municipal actual. “Calificar a situación actual é unha tarefa complexa. Sen embargo, o aspecto que máis destacaría eu é o réxime de poder que leva existindo no Concello de Quiroga dende que goberna o equipo actual. Pero a maiores habería que destacar o deterioro económico, con unha das taxas de débeda máis altas de toda a provincia de Lugo, así como con uns dos impostos máis altos tamén. Basicamente, eu resumiría con estes aspectos a situación actual”. 2.- Indique tres obxectivos prioritarios se chegan á alcaldía. “Bueno, o obxectivo fundamental sería o saneamento das contas do Concello, aplicando para iso unha política no gasto moi restrictiva e sobre todo austera; pero por suposto atendendo e mantendo servizos tan básicos e importantes como os Servizos Sociais, e prestando maior atención ao emprego. Eu creo que con austeridade e gastando só o necesario seríamos capaces de acadar bos resultados, así que isto sería o primordial. Despois xa, ao chegar ao Concello teríamos que ver con qué nos atopamos realmente, e ainda que as arcas estén vacías, sen subir impostos e cun gasto racional poderíamos fomentar o autoemprego, fomentar tamén o cooperativismo, e explotar a cultura do turismo en Quiroga, que conta con moitos recursos patrimoniais e culturais”. 3.- Indique tres características da lista que encabeza. “A excepción miña, que xa son un histórico, trátase dunha lista renovada, con xente moi xoven e inédita no mundo da política. Vamos, que eu creo que a lista do PSOE é o futuro de Quiroga”.

Lista: 1.-D. JOSÉ LUIS DEL PONT LOSADA, 2.-D. ANTONIO MARCOS PRIETO, 3.-D. SUSANA DÍAZ ÁLVAREZ, 4.-D. NATALIA GARCÍA MONTESERÍN, 5.-D. JESÚS ÁLVAREZ SÁNCHEZ, 6.-D. MARÍA SOLEDAD LOLO LÓPEZ, 7.-D. MARCOS MASEDA PRIETO, 8.-D. YOLANDA MARTÍNEZ ÁLVAREZ, 9.-D. MANUEL MARTÍNEZ LOSADA, 10.-D. JOSEFA FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ, 11.-D. JOSÉ LUIS MARCOS MACÍA. SUPLENTES: 1.-D. JESÚS DEL PONT ÁLVAREZ.

 

BLOQUE NACIONALISTA GALEGO

Ángel Rodríguez, candidato do BNG á alcaldía de Quiroga.

1.- Califique a situación municipal actual. “Dende o meu punto de vista o que estiveron a facer dende o goberno foi gastar máis cartos dos que teñen. Existe unha débeda de 200.000 euros coas entidades financieiras, e tamén hai un gasto corrente desaforado. En man de obra estiveron a gastar 1.200.000 euros, dos case tres millóns de euros de orzamento anual. Na miña opinión o alcalde só fixo política para manterse no poder”. 2.- Indique tres obxectivos prioritarios se chegan á alcaldía. “O primeiro que faríamos sería pedir unha auditoría, porque entendemos que a facenda municipal está ao borde da bancarrota. Despois, o panorama de actuación sería amplísimo. Por exemplo, a situación laboral no municipio é complexa, cunha alta taxa de desemprego, e só a base de contratos temporais. Vemos que o alcalde non fai nada por solucionar isto. Mentres houbo canteira en Quiroga houbo emprego, pero agora é un desastre. E logo, debería racionalizarse o gasto. Por exemplo, o alcalde de Quiroga fala de que este concello conta con servizos que non teñen outros concellos, pero eu non sei a que se refire exactamente, sen embargo sí sei que o municipio de Quiroga non ten un orzamento axeitado para tratarse dun concello de 5.000 habitantes”. 3.- Indique tres características da lista que encabeza. “É xente con moitísima ilusión, e destacar que fichamos a tres mulleres excepcionais e con gañas de traballar, que son estupendas, entregadas e con moita forza. En xeral xente nova, e sobre todo moi equilibrada emocionalmente para traballar polo concello.”

Lista: 1.-D. ÁNGEL RODRÍGUEZ LOSADA, 2.-D. XAVIER CASTRO MARTÍNEZ, 3.-D. AMPARO MONTENEGRO DÍAZ, 4.-D. JOSÉ FERRÍN MOURELO, 5.-D. MARÍA LUISA GONZÁLEZ MACÍA, 6.-D. PILAR BERMÚDEZ GONZÁLEZ, 7.-D. ÁLVARO RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, 8.-D. JOSÉ LUIS LÓPEZ BLANCO, 9.-D. MANUEL ÁLVAREZ FERNÁNDEZ, 10.-D. MARÍA CARMEN SANTOS RIVERA, 11.-D. IRIA RODRÍGUEZ MACÍA. SUPLENTES: 1.-D. MANUEL GARRIDO FERNÁNDEZ.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

22M-eleccións municipais 2011: O Saviñao -Candidaturas, listas, valoración do mandato que finaliza, 3 obxectivos a cumprir en caso de acadar a alcaldía

Seguinte Nova

22M-eleccións municipais 2011: Pantón -Candidaturas, listas, valoración do mandato que finaliza, 3 obxectivos a cumprir en caso de acadar a alcaldía

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

A %d blogueros les gusta esto: