22M-eleccións municipais 2011: Ribas do Sil -Candidaturas, listas, valoración do mandato que finaliza, 3 obxectivos a cumprir en caso de acadar a alcaldía

PARTIDO SOCIALISTA

Miguel Á. Sotuela, candidato do PSdG-PSOE á alcaldía de Ribas do Sil.

1.- Califique a situación municipal actual. “Despois de catro anos só podo dicir que cumprimos co noso programa. As cousas coas que nos comprometemos, e as iniciativas que prometemos aos cidadáns fóronse cumprindo. É certo que algunhas ainda se están a facer, pero pouco a pouco iremos rematando. E despois, en canto á situación en xeral, a deste concello é a mesma que a de calquera outro concello coas mesas características, e que se ve afectado pola crise económica que está tocando a moitos municipios”. 2.- Indique tres obxectivos prioritarios se chegan á alcaldía. “Nestes momentos, de repetir mandado o obxectivo prioritario será conseguir que a residencia da terceira idade se implante definitivamente en Ribas do Sil. Despois tamén trataremos de que se execute un centro de educación ambiental, para o que xa hai unha partida orzamentaria de 1.300.000 euros distribuídos en dúas anualidades. E por suposto, outro dos obxectivos será loitar para que non siga habendo desemprego no concello, conseguir que vivir en Ribas do Sil sexa algo atractivo para a xente, de tal forma que se instale aquí máis poboación. Por outra banda, e a maiores, seguiríamos coas actuacións propias dun concello ao longo do ano, como poden ser outro tipo de infraestruturas ou atender as necesidades relacionadas cos servizos que se prestan aos veciños”. 3.- Indique tres características da lista que encabeza. “En primeiro lugar continuidade, repetimos e non hai ningunha novidade, e é que despois de varias lexislaturas consecutivas o equipo segue a funcionar. Pero tamén é unha lista xoven, moi cohesionada, e con experiencia máis que suficiente de cara á xestión municipal. Creo que temos máis que desmostrada a nosa capacidade de xestión tanto nos recursos municipais como noutoros ámbitos”.

Lista: 1.-D. MIGUEL ÁNGEL SOTUELA VEGA, 2.-D. ROBERTO CASTRO GONZÁLEZ, 3.-D. CONCEPCIÓN FERNÁNDEZ ÁLVAREZ, 4.-D. INDALECIO LÓPEZ DÍAZ, 5.-D. LUIS RODRÍGUEZ MACÍA, 6.-D. ROSARIO MORILLO LOSADA, 7.-D. Mª JESÚS CASTRO GONZÁLEZ, 8.-D. MIGUEL A. RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, 9.-D. EMILIO GÓMEZ ARIAS. SUPLENTES: 1.-D. EDUARDO VALLES BATALLA.

PARTIDO POPULAR

Jesús Ballesteros, candidato do PP á alcaldía de Ribas do Sil.
1.- Califique a situación municipal actual. “Creo que en Ribas do Sil hai moitos proxectos, pero todos encamiñados ao lecer e a actividades deste tipo. Sen embargo, o máis importante para nós sería fixar poboación xoven porque actualmente a maioría somos persoas algo máis maiores. E por suposto, na situación actual outro dos aspectos fundamentais sería ter traballo, crear emprego”. 2.- Indique tres obxectivos prioritarios se chegan á alcaldía. “Tres obxectivos moi importantes nestes tempos serían a austeridade no gasto e sobre todo nos altos cargos con unha reducción de salarios. Tamén a creación dun obradoiro de emprego estable para poder ensinar oficios habituais da zona, e así poder fixar poboación, pero tamén preparar á xente da zona e crear emprego. E outro dos aspectos máis importantes sería facer a residencia de maiores que a Deputación ten prevista aquí nun prazo de tempo inferior aos cinco anos, que é o que ten proxectado; facela canto antes melllor. A maiores destacar a cuestión da depuradora, que ainda que a traída da auga está rematada, non está en funcionamento”. 3.- Indique tres características da lista que encabeza. “É unha lista que une experiencia, pero tamén xuventude. Por exemplo, eu son o primeiro e teño 68 anos, pero tamén contamos con integrantes xóvenes. E en xeral é xente preparada para poder dirixir o concello no caso de que a xente nos dé a confianza para poder gobernar”.

Lista: 1.-D. JESÚS BALLESTEROS PARDO, 2.-D. JOSÉ ISAAC LAMAS ÁLVAREZ, 3.-D. ROSA NOVOA CASTRO, 4.-D. MANUEL NÚÑEZ GONZÁLEZ, 5.-D. JOSÉ MARÍA GONZÁLEZ ÁLVAREZ, 6.-D. JESÚS VICENTE FERNÁNDEZ, 7.-D. JOSÉ BLANCO LÓPEZ, 8.-D. MARÍA DEL PILAR QUIÑONES RODRÍGUEZ, 9.-D. ANTONIO RODRÍGUEZ LOSADA. SUPLENTES: 1.-D. MIGUEL LÓPEZ ÁLVAREZ, 2.-D. MARINO ÁLVAREZ MARTÍNEZ, 3.-D. VICTORINO VISUÑA LÓSADA.

 

BLOQUE NACIONALISTA GALEGO

CANDIDATURA DO BNG, RIBAS DO SIL 1.-D. JOSÉ EMILIO RAJO LÓPEZ 2.-D. MARÍA LUISA LÓPEZ DIÉGUEZ 3.-D. JOSÉ MANUEL FERNÁNDEZ VÁZQUEZ 4.-D. MARÍA MARGARIDA GAMA DA ROCHA 5.-D. MARCOS LUIS PÉREZ VÁZQUEZ 6.-D. MARÍA TERESA ÁLVAREZ RODRÍGUEZ 7.-D. ANTONIO FERNÁNDEZ GARCÍA 8.-D. NÉLIDA BERTASOBRADO GARCÍA 9.-D. ALBERTO ABILLEIRA SANMARTÍN

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

22M-eleccións municipais 2011: Bóveda-Candidaturas, listas, valoración do mandato que finaliza, 3 obxectivos a cumprir en caso de acadar a alcaldía

Seguinte Nova

Resultados eleccións municipais 22M no sur de Lugo

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

A %d blogueros les gusta esto: