PSdG-PSOE
1. Califique a situación municipal actual. “Este mandato foi a etapa máis inversora da historia de Sarria, con actuacións por valor de 27 millóns de euros, o que implicou unha gran transformación do municipio. Por outro lado, actualmente o Plan de Estabilidade Orzamentaria permitirá garantizar os servizos, sobre todo sociais, nos que se centra a acción política nesta etapa non inversora provocada pola crise económica. Sarria viu reducidas as súas finanzas nun 20% pola caída da construcción e das transferencias de Xunta e Estado.” 2.Indique tres obxectivos prioritarios no caso de que acade a alcaldía. “É imprescindible levar a cabo a aprobación definitiva do do PXOM, xa aprobado inicialmente. En segundo lugar é fundamental a execución do plan de encauzamento do que xa existe un proxecto constructivo para resolver os problemas de inundacións e poder contar con 230.000 metros cadrados de zonas verdes e espazos públicos que axuden a fomentar o pilar económico do turismo e do medio ambiente. En terceiro lugar, pretendemos traballar nos servizos sociais incrementando ata 250 as prazas da residencia, creando nela un centro de día asistencial.” 3.Indique tres características da lista que encabeza “Continuidade nos primeiros da lista e incorporación de persoas cunha traxectoria profesional intachable e contrastada, así como unha aposta importante pola xuventude. Os compoñentes teñen ademais o compromiso ético de facer unha declaración pública de Bens, Servizos e Intereses se ocupan cargos no goberno local co fin de evitar inxurias e en prol da transparencia.”
Lista:1.-D. CLAUDIO MELQUÍADES GARRIDO MARTÍNEZ, 2.-D. MARÍA VIOLETA BERNARDO VÁZQUEZ, 3.-D. FRANCISCO JAVIER GARCÍA LÓPEZ, 4.-D. ANA Mª ARIAS NEIRA, 5.-D. MANUEL LÓPEZ VÁZQUEZ, 6.-D.- PAULA VÁZQUEZ NÚÑEZ, 7.-D. LUIS AMADEO LÓPEZ CAMPO, 8.-D. LUIS ULLOA FERNÁNDEZ-SANMAMED, 9.-D. MÓNICA GÓMEZ LOIS, 10.-D. MARÍA CRISTINA LÓPEZ LOSADA, 11.-D. MARÍA DOLORES CAMINO SÁNCHEZ, 12.-D. LUCIANO LORENZO PEREIRO, 13.-D. MARTA LÓPEZ LÓPEZ, 14.-D. JOSÉ ANTONIO LÓPEZ LÓPEZ, 15.-D. CONCEPCIÓN LÓPEZ MARÓN, 16.-D. ANTONIO MACÍA SOMOZA, 17.-D. Mª DO CARME GARCÍA CONDE. SUPLENTES: 1.-D. JOSÉ ESCUDERO FRUTOS, 2.-D. CARMEN FERNÁNDEZ IGLESIAS, 3.-D. MARÍA ELVIRA VILA BRAVO.
PARTIDO GALEGUISTA
1. Califique a situación municipal actual. “Economicamente o Concello de Sarria está nunha boa situación, a pesar do que afirma a oposición, ademáis contamos cun importante remanente de crédito. Por outro lado, Sarria ten experimentado un gran cambio, en catro anos fíxose o meirande esforzo inversor que se ten realizado nun so mandato na historia de Sarria, tanto en obras como en investimentos enfocados á Cultura.” 2.Indique tres obxectivos prioritarios no caso de que acade a alcaldía. “En primeiro lugar está a creación de emprego, algo primordial. En segundo lugar débese facer máis pola promoción turística do municipio máis aló do Camiño Francés; hai que mellorar e promocionar os servizos cos que conta a vila, as zonas verdes, as infraestruturas deportivas e outras como un auditorio multiusos preparado para todo tipo de actos culturais e reunións, e todo isto hai que dalo a coñecer. O terceiro obxectivo esencial é o fomento do deporte e sobre todo da formación; dende o ámbito municipal pódense levar a cabo iniciativas formativas como obradoiros de emprego e cursos de formación encamiñados á cualificación dos traballadores, algo esencial para insertarse na vida laboral hoxe en día.” 3. Indique tres características da lista que encabeza “Trátase de persoas do pobo, sinxelas, preparadas e dotadas dunha intelixencia natural e unha traxectoria intachable no eido profesional, persoal e tamén político.”
Lista: 1.-D. PABLO LÓPEZ BARRERA, 2.-D. JAVIER VÁZQUEZ DÍAZ, 3.-D. IVÁN LÓPEZ CASTRO, 4.-D. SARA MONTES LÓPEZ, 5.-D. MARÍA NOELIA GARCÍA LÓPEZ, 6.-D. RICARDO CASTRO ALVAREDO, 7.-D. MOISÉS TORRES FERNÁNDEZ, 8.-D. HÉCTOR RODRÍGUEZ BARREAL, 9.-D. VANESSA PÉREZ DÍAZ, 10.-D. AMPARO FLÓREZ OSSA, 11.-D. DAVID LÓPEZ LÓPEZ, 12.-D. ALBERTO VALÍN FERNÁNDEZ, 13.-D. GONZALO DÍAZ ARIAS, 14.-D. Mª LUISA PRADO GARCÍA, 15.-D. Mª MATILDE RÍO GARCÍA, 16.-D. SONIA LÓPEZ FERNÁNDEZ, 17.-D. JOSÉ M. LÓPEZ PIÑEIRO. SUPLENTES: 1.-D. Mª DOLORES SÁNCHEZ FERRO, 2.-D. CELESTINO LÓPEZ FERNÁNDEZ.
BLOQUE NACIONALISTA GALEGO (BNG)
1. Califique a situación municipal actual. “A situación municipal actual é razoablemente boa. Este foi un mandato caracterizado por ter levado a cabo unha cantidade de actuacións histórica para Sarria que contribuíron a mellorar a calidade de vida dos veciños. Cumprironse demandas históricas como é o proxecto da piscina climatizada en construcción ou a posta en marcha dun museo comarcal no cárcere vello. Por outra banda remodelarase o campo de fútbol para contar cunha infraestrutura en condicións óptimas para a práctica xeralizada deste deporte. Por outra parte está a remodelación de rúas ou a rexeneración de viais no rural. Sen esquencer a aprobación inicial do PXOM ou os avances no plan de encauzamento do río.” 2.Indique tres obxectivos prioritarios no caso de que acade a alcaldía. “ Traballar pola aprobación definitiva do PXOM, algo vital para o futuro de Sarria, acadar que se execute a totalidade do plan de encauzamento acadando a porcentaxe de investimento que falta, isto cambará a fisonomía da vila e garantirá a seguridade ante os problemas das inundacións. Outro dos proxectos é a renovación da Casa da Cultura para ampliar a biblioteca, contar cunha sala de exposicións e sobre todo disfrutar do tan ansiado auditorio de gran capacidade.” 3. Indique tres características da lista que encabeza. “Está formada por persoas comprometidas con Sarria e co proxecto do BNG, é unha lista bastante renovada e plural, configurada por xente de moitos ámbitos e sectores.”
Lista: 1.-D. XERMÁN ARIAS LÓPEZ, 2.-D. LUÍS ANXO LÓPEZ MELLE, 3.-D. MÓNICA LÓPEZ RODRÍGUEZ, 4.-D. EFRÉN CASTRO CALOTO, 5.-D. MARÍA ELVIRA PALLARES GALLEGO, 6.-D. FERNANDO XOSÉ LÓPEZ CAMPO, 7.-D. MARÍA XESÚS CASAR DÍAZ, 8.-D. ÓSCAR RODRÍGUEZ LÓPEZ, 9.-D. LUCÍA LÓPEZ SOBRADO, 10.-D. XESÚS SERXIO CELA PRADO, 11.-D. ADELA FERNÁNDEZ ARMESTO, 12.-D. FELIPE FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ, 13.-D. PATRICIA LÓPEZ LÓPEZ, 14.-D. XOSÉ MANUEL VARELA LÓPEZ, 15.-D. SABELA LÓPEZ LÓPEZ, 16.-D. XOSÉ LUIS CASTRO PÁRAMO, 17.-D. ANA B. PONTÓN MONDELO. SUPLENTES: 1.-D. HILARIO F. MOSCOSO CAMPO, 2.-D. MARÍA BEATRIZ ARIAS LÓPEZ, 3.-D. VITOR ARMESTO LÓPEZ, 4.-D. TEREIXA GÓMEZ GARCÍA, 5.-D. XOSÉ ELÍAS SOMOZA REGUEIRO.
PARTIDO POPULAR
1. Califique a situación municipal actual. “A situación municipal é moi complicada, Sarria está nun camiño inaxeitado e está pechando portas ao futuro. Por unha parte está o problema económico das arcas municipais provocado polo gasto e despilfarro nos últimos catro anos, a este problema engádese o abandono do sector comercial e a pequena empresa por parte do Concello, que non xerou neste tempo nin un so metro de solo industrial.” 2. Indique tres obxectivos prioritarios no caso de que acade a alcaldía. “A nosa política vaise centrar en primeiro lugar na creación de emprego e solo industrial , potenciando desta maneira a pequena empresa e o comercio, así coma o sector turítico. Tamén nos vamos a dedicar a sanear as contas e pagar aos proveedores, neste momento hai máis de mil facturas acumuladas de morosidade no Concello. Isto ímolo facer sen incrementar os impostos e sen aplicar novas tasas, que foi o que fixeron durante os últimos catro anos. Por outa parte, é prioritario para nós paralizar o PXOM que foi aprobado inicialmente por este goberno local coa postura en contra da maioría dos veciños. Nós consensuaremos un novo documento e melloraremos os servizos ás parroquias, non hai máis que falar cos veciños para saber que están en peores condicións que nunca.” 3.Indique tres características da lista que encabeza. “É unha lista equilibrada no que se refire á presenza de mulleres e homes e tamén na presenza de experiencia e xuventude. Ademáis reflicte á sociedade de Sarria porque ten representación de todos os sectores da mesma, é a viva imaxe dos veciños, calquera sarriano se pode ver reflectido nela.”
Lista: 1.-D. JOSÉ ANTONIO GARCÍA LÓPEZ, 2.-D. MARÍA ANA DE JESÚS FERNÁNDEZ CASTRO, 3.-D. MANUEL VALIÑA LÓPEZ, 4.-D. PATRICIA CASTRO TEJADA, 5.-D. FRANCISCO JOSÉ PÉREZ GONZÁLEZ, 6.-D. MANUEL SANGIL IGLESIAS, 7.-D. MARÍA PILAR LÓPEZ LÓPEZ, 8.-D. NOELIA DÍAZ BRUÑA, 9.-D. LUIS ÁLVAREZ REY, 10.-D. JAIME ÍÑIGUEZ MARTÍNEZ, 11.-D. OLGA LÓPEZ RODRÍGUEZ, 12.-D. JUAN CARLOS RUBIO LÓPEZ, 13.-D. JUAN JOSÉ LÓPEZ RODRÍGUEZ, 14.-D. TAMARA FERNÁNDEZ VALCARCE, 15.-D. JOSÉ LUIS MACEDA ARIAS, 16.-D. BELÉN GOLÁS ARMESTO, 17.-D. ELISEO LÓPEZ PÁRAMO. SUPLENTES: 1.-D. PATRICIA LÓPEZ LÓPEZ, 2.-D. VÍCTOR MELLE RIVAS, 3.-D. ANTONIO LÓPEZ RODRÍGUEZ.
INDEPENDIENTES DE GALICIA
1. Califique a situación municipal actual. “A situación municipal é moi extrema, debido fundamentalmente ao abandono que se está a ter cos veciños de Sarria. Fundamentalmente pola gran demora nas xestións, na concesión de licenzas e resolucións en xeral en todos os trámites.” 2. Indique tres obxectivos prioritarios no caso de que acade a alcaldía. “O primeiro é máis importante obxectivo é a cercanía cos veciños, necesaria debido ao abandono que hai agora á hora se solventar os seus problemas. Por outra parte, outro dos obxectivos sería a claridade nas contas, porque o certo é que actualmente non existe unha claridade notoria. E en terceiro lugar pretendemos fomentar de xeito real o emprego, facilitando ás pequenas empresas e ao comercio a axilidade necesaria nos permisos e documentacións que precisan, non se pode permitir que en tempos dunha crise coma esta se paralicen as escasas iniciativas empresariais e negocios que poidan instalarse no municipio, hai que darlles máis facilidades.” 3.Indique tres características da lista que encabeza. “As características son claras, trátase dunha lista limpa formada por xente con postos de traballo e que non pretende vivir da política. Ningún dos membros da lista de Independentes estivo gobernando, polo que non temos ataduras políticas, e por outra parte trátase de persoas cercanas aos veciños e que representan a todos os sectores profesionais do municipio, ao estar composta por xente do comercio, da industria, da educación e do agro.”
Lista: 1.-D. JOSÉ MANUEL BELLO RODRÍGUEZ, 2.-D. XOSÉ ANTÓN FORTES TORRES, 3.-D. Mª ELENA RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ, 4.-D. ROBERTO DÍAZ LÓPEZ, 5.-D. MARÍA CLARA FERNÁNDEZ GONZÁLEZ, 6.-D. JOSÉ LUIS LÓPEZ RODRÍGUEZ, 7.-D. JORGE FERNÁNDEZ GONZÁLEZ, 8.-D. MARÍA PILAR LÓPEZ ARIAS, 9.-D. JOSÉ JAVIER PONTÓN FERNÁNDEZ, 10.-D. BEATRIZ LÓPEZ LÓPEZ, 11.-D. IVÁN LÓPEZ CASTRO, 12.-D. Mª CARMEN CONDE LÓPEZ, 13.-D. CRISTINA DÍAZ LÓPEZ, 14.-D. DAVID GONZÁLEZ GONZÁLEZ, 15.-D. EFRÉN GACIO FERNÁNDEZ, 16.-D. ELIZABETH TEIXEIRA ALVES, 17.-D. MANUEL NÚÑEZ LÓPEZ. SUPLENTES: 1.-D. JOSÉ MANUEL TALLOS CASTRO, 2.-D. CRISTINA LÓPEZ NÚÑEZ, 3.-D. ANA BELÉN ARIAS LÓPEZ, 4.-D. FÉLIX SOMOZA FERNÁNDEZ, 5.-D. MIRIAM LÓPEZ REGUEIRO, 6.-D. LUCÍA LÓPEZ VALCÁRCEL, 7.-D. SONIA AVERSA LÓPEZ, 8.-D. LUIS CASTRO LÓPEZ.
CENTRO DEMOCRÁTICO LIBERAL
1. Califique a situación municipal actual. “Temos un concello altamente endebedado, a pesar de que non se trata dunha situación diferente á de case todos os municipios desta e doutras provincias. Por outro lado, vivimos unha aprobación do Plan Xeral de Ordenamento Municipal en condicións moi pouco xustas.” 2. Indique tres obxectivos prioritarios no caso de que acade a alcaldía. “Poñer en marcha unha unha gardería municipal é unha das nosas ideas prioritarias, é un servizo fundamental do que carece este municipio. Por outro lado, queremos axilizar a segunda fase do polígono industrial do Morelle, existen empresas que están demandando solo industrial e non teñen a posibilidade de instalarse alí. Penso que se trata dunha cuestión de xestión máis ca de finanzamento, e en etapas de crise coma esta non se poden deixar escapar as oportunidades económicas e de emprego por falta de espazo. Finalmente, pretendemos xestionar moito mellor as solicitudes e expedientes que entran no Concello, porque consideramos que se están a dar prioridades segundo a orixe das solicitudes, e deben realizarse outro tipo de prácticas máis igualitarias neste senso.” 3.Indique tres características da lista que encabeza. “A nosa lista está composta por xente de centro con ideas innovadoras. A nosa formación está xa moi asentada en Europa, con ideas que traballan por concellos máis éticos, sen soldos desorbitados para os cargos políticos e afastados de prácticas despóticas, entre outras características.”
Lista: 1.-D. TERESA SÁNCHEZ CASTRO, 2.-D. PAULA Mª LÓPEZ LÓPEZ, 3.-D. AITOR PÉREZ FERNÁNDEZ, 4.-D. ROSALBA ORTEGA SÁNCHEZ, 5.-D. ABRAHAM ANTONIO CASTRO CALOTO, 6.-D. RAÚL VÁZQUEZ PÉREZ, 7.-D. YOLANDA FONTAL BUSTO, 8.-D. JUAN RAMÓN LÓPEZ MENÉNDEZ, 9.-D. GABRIELA DEL VALLE BUGALLO GONZÁLEZ, 10.-D. JOSÉ MANUEL LÓPEZ LOUREIRO, 11.-D. ELVIRA LÓPEZ NEIRA, 12.-D. PABLO IVÁN ACHAR LÓPEZ, 13.-D. DIEGO SEÑORANS VIDAL, 14.-D. MARÍA PAZ CAMPO BASANTA, 15.-D. JAVIER VÁZQUEZ REFOJOS, 16.-D. SECUNDINO MARTÍNEZ MARTÍNEZ, 17.-D. JOSÉ MANUEL PALACÍN RODRÍGUEZ. SUPLENTES: 1.-D. IGNACIO EXPÓSITO REGO, 2.-D. RAMÓN JESÚS RIVAS LÓPEZ, 3.-D. MARÍA ANGÉLICA REGO GARCÍA.