PARTIDO POPULAR
1.- Califique a situación municipal actual.
“É unha situación normal como a de calquera concello da súa categoría, só que está un pouco afogado por falta de axudas da Deputación. Por exemplo, as principais vías de comuniciación, que son todas da Deputación, seguen igual e sen arranxar. Menos mal que nos dous últimos anos recibimos algunha axuda por parte da Xunta para realizar varias obras.” 2.- Indique tres obxectivos prioritarios se chegan á alcaldía. “En primeiro lugar queremos asentar a poboación, a través de sectores como o turismo e a viticultura, que son dous dos eixes fundamentais do noso municipio. Para iso tamén precisaríamos contar con boas comunicacións, e ahí é onde entra a Deputación. Digo isto porque tamén pretendemos mellorar as vías de comunicación, amplialas sobre todo. E despois, dentro das nosas posibilidades, queremos aumentar a atención social complementando a axuda a domicilio con outros servizos sociais. A maiores hai outros sectores que tamén son importantes para nós, como son o Medio Ambiente, a cultura, o deporte e a xuventude. Poño algúns exemplos: queremos repartir compostadores polas casas, facer un estudo dos vertedoiros incontrolados nos ríos, pero tamén ao mesmo tempo potenciar a actividade da piscina”. 3.- Indique tres características da lista que encabeza. “Creo que é a candidatura máis equilibrada que hai, conta cunha ampla representación territorial, con veciños de case todas as parroquias, e tamén con persoas de todos os sectores, como por exemplo da música, da viticultura ou do turismo. Tamén é equilibrada en idade, cunha media de en torno aos 43 anos, e incluso con máis mulleres que homes cumprindo así a lei de paridade. E encima levamos á Delegada Territorial, non se pode pedir máis. É unha candidatura moi capaz”.Lista: 1.-D. LUIS FERNÁNDEZ GUITIÁN, 2.-D. DOMINGO LÓPEZ FERNÁNDEZ, 3.-D. JOSÉ ELÍAS GONZÁLEZ PRIETO, 4.-D. SONIA FERNÁNDEZ MARTÍNEZ, 5.-D. CARMEN PÉREZ PÉREZ, 6.-D. ABEL LÓPEZ FERNÁNDEZ, 7.-D. MIRIAN TERESA PÉREZ VÁZQUEZ, 8.-D. ANTONIO GONZÁLEZ FERNÁNDEZ, 9.-D. SOFÍA PÉREZ FERNÁNDEZ, 10.- D. RAQUEL ARIAS RODRÍGUEZ, 11.-D. MARÍA DEL CARMEN AGRELO VÁZQUEZ. SUPLENTES: 1.-D. JOSÉ LUIS LÓPEZ NEIRA, 2.-D. MANUEL VÁZQUEZ PÁRAMO, 3.-D. CARLOS LOSADA RODRÍGUEZ
BLOQUE NACIONALISTA GALEGO
1.- Califique a situación municipal actual
. “É un concello ao que hai que facerlle un saneamento profundo, é certo que o último alcalde fixo un esforzo, pero ainda así é necesario. A nivel de infraestruturas hai que acometer moitas obras, por exemplo o eixo fundamental de estradas que vai de Sober a Doade; tamén é importante facer un plan de saneamento, con sumidoiros e auga da traída; e dotar ás parroquias de centros que estaban prometidos e non están feitos. Pero tamén nos interesa como se articula o sistema democrático, porque agora veñen as eleccións e todos andamos buscando xente, pero o que temos que facer é que en cada parroquia haxa un representante, fomentar iso dende o Concello e aproveitalo para crear un consello municipal, porque ao final son os veciños os que deciden. E despois tamén se debería crear un consello económico e social onde xuntar a todos os principais sectores. A maiores habería que destacar outros aspectos como a agricultura sostible, recuperar todo tipo de patrimonio, facer un viveiro de empresas, recuperar os mercados locais e comarcais para autoabastecernos, empregar as novas tecnoloxías, e moitas outras cousas máis”. 2.- Indique tres obxectivos prioritarios se chegan á alcaldía. “Primeiro os servizos municipais e básicos para todos os cidadáns; saneamento, que teñan auga e unha boa rede de sumidoiros. Segundo, estradas ben comunicadas. E terceiro, a democracia, porque é moi importante recuperar a participación dos veciños, ter uns orzamentos participativos”. 3.- Indique tres características da lista que encabeza. “Representa a todo o concello en canto a áreas porque hai xente de case todos os lados. É plural en canto ao que fan, xa que incluímos a distintos sectores. E temos xente con moita capacidade de traballo, calquera dos que vai na lista serve para dicir o que digo eu ou incluso mellor. E o máis importante é que todos están xa facendo moitas cousas e traballando, vamos, xente eficaz que funciona”.PARTIDO SOCIALISTA
Lista: 1.-D. IÑAKI RODRÍGUEZ PÉREZ, 2.-D. ELOY PÉREZ OTERO, 3.-D. Mª DEL MAR DOVAL FERNÁNDEZ, 4.-D. LINO TRIGO ÁLVAREZ, 5.-D. ERIK PÉREZ CARNERO, 6.-D. Mª VICTORIA FERNÁNDEZ PÉREZ, 7.-D. SANTIAGO PÉREZ RODRÍGUEZ, 8.-D. MANUEL RODRÍGUEZ EIREOS, 9.-D. CARMEN GALLEGO FRANCO, 10.-D. Mª DEL CARMEN FREIRE PARDO, 11.-D. BASILIO COBO RODRÍGUEZ. SUPLENTES: 1.-D. Mª ISABEL LÓPEZ ÁLVAREZ, 2.-D. PEDRO PÉREZ FERNÁNDEZ, 3.-D. SANDRA GALLEGO FRANCO.