Resultados eleccións municipais 22M no sur de Lugo

Redacción- Monforte

O BNG PERDE A MAIORÍA EN MONFORTE DE LEMOS

Cunha participación do 70,55% para escoller aos 17 concelleiros da corporación local, o electorado monfortino determinou o final da maioría absoluta conseguida polo BNG nos comicios do 2007, que agora terá 7 concelleiros, e apostou por unha subida do PP, que retoma postos perdidos na última convocatoria municipal ata acadar 6 concelleiros. Pola súa banda, o PSOE resiste a debacle xeral desta agrupación cun resultado de 4 concelleiros, á porta de poder acceder ao goberno municipal monfortino a través doutra fórmula bipartita, xa aplicada hai dous mandatos. O BNG foi a forza política máis votada, cun 38,05% dos votos, seguida de cerca polo PP, cun 35,75%, mentres que o PSdeG-PSOE recibiu o apoio do 24,24%.

Todos os resultados en http://resultados2011.mir.es/99MU/DMU1127903199_L1.htm?d=503&e=0

O PP RECUPERA SARRIA CON MAIORÍA ABSOLUTA

Cun 44,60% dos votos, o PP acadou a maioría absoluta na corporación sarriá con 9 dos 17 concelleiros. O resto dos escanos municipais repártese entre os 5 concelleiros do PSdeG-PSOE , os 2 de Independientes de Galicia e 1 do Bloque Nacionalista Galego. O resto das candidaturas do amplo espectro político que concurriu ás municipais en Sarria, PGD e CDL, no acadaron os votos necesarios para ter representación no consistorio. Por votos, o PSdeG-PSOE foi a segunda forza máis votada, cun 28,84%, lonxe das cifras acadadas polo Partido Popular, e os Independientes de Galicia manteñen unha terceira posición, cun 10,56% dos votos, seguidos do BNG, cun 9,87%.

Todos os datos en http://resultados2011.mir.es/99MU/DMU1127905799_L1.htm?d=933&e=0

CHANTADA: OS INDEPENDENTES DAS TERRAS DO ASMA DAN A SORPRESA

O partido liderado por Manuel Varela foi o máis votado nas eleccións municipais en Chantada, dando a sorpresa ao acadar o 39,67% dos votos, o que lle reporta 5 dos 13 concelleiros da corporación. A segunda forza máis votada, o BNG de Ildefonso Piñeiro, se fixo con 3 concelleiros, co 21,56% dos votos, lixeiramente por enriba do PP de Ramón Fernández, que tamén suma 3 concelleiros, cun 21,34% dos votos. Esta nova fórmula resultante das eleccións do 22-M impúxose a costa da caída do PSde G-PSOE de Manuel Anxo Taboada, que queda só con 2 concelleiros, e cun 15,96% dos votos. A participación dos/das chantadinos/as nestes comicios acadou o 80,81%.

 Todos os datos en http://resultados2011.mir.es/99MU/DMU1127901699_L1.htm?d=89&e=0

O PP MANTÉN A MAIORÍA EN O SAVIÑAO

Cunha participación do 81,83%, o electorado de O Saviñao confirmou a maioría absoluta do Partido Popular, que mantén 7 dos 11 concelleiros da corporación, sendo con diferencia a lista máis votada (57,32%). A distancia desta agrupación está o PSdeG-PSOE, co 34,16% dos votos, que lle aportan 4 concelleiros. Pola súa parte, o BNG non terá representación municipal, a pesares de contar co 7,75% de votos.

Todos os datos en http://resultados2011.mir.es/99MU/DMU1127905899_L1.htm?d=938&e=0

QUIROGA, PRAZA RENOVADA POLO PP

Cun 68,57% dos votos, o Partido Popular de Julio Álvarez confírmase como a lista máis votada entre todas as presentadas polos diversos colores políticos nos municipios analizados por este medio. Esta vantaxe outorga ao PP 8 dos 11 concelleiros da corporación quiroguesa, lonxe dos 2 acadados polo BNG (reportados polo apoio do 15,56% do electorado) e do único concelleiro do PSdeG-PSOE (cun 15,11% dos votos). A participación do electorado nestes comicios foi do 81,21%.

Todos os datos en http://resultados2011.mir.es/99MU/DMU1127905099_L1.htm?d=938&e=0

MAIORÍA DO PP EN PANTÓN

O Partido Popular de José Luis Álvarez repite maioría absoluta nos comicios municipais do 22M, ao acadar 7 dos 11 concelleiros da corporación de Pantón, cun apoio do 62,75% dos votantes, que sitúan esta lista como a terceira máis votada entre todas as presentadas polos diversos colores políticos nos municipios analizados por este medio. O resto dos concelleiros repártense entre os 3 acadados polo PSdeG-PSOE, cun 24,09% dos votos, e o concelleiro acadado polo BNG, grazas ao 11,76% dos votos. A participación cidadá nos comicios en Pantón foi do 80,00%.

Todos os datos en http://resultados2011.mir.es/99MU/DMU1127904199_L1.htm?d=826&e=0

SOBER MANTÉN MAIORÍA DO PP

Sober repite maioría absoluta do PP, esta vez encabezada por Luis Fernández Guitián, que acadou o 59,50% dos votos, que lle aportan 7 dos 11 concelleiros da corporación soberina. O PSOE acada pola súa parte 2 concelleiros, cun 21,39% dos votos, mentres que os 2 concelleiros restantes son para o BNG, que acadou o 18,26% dos votos. A participación nos comicios en Sober foi do 79,91%.

Todos os datos en http://resultados2011.mir.es/99MU/DMU1127905999_L1.htm?d=982&e=0

SORPRESA DOS INDEPENDIENTES EN A POBRA DO BROLLÓN, MENTRES O BNG SEGUE COMO FORZA MÁIS VOTADA

A lista encabezada polo independiente José Antonio García sorprendeu ao alzarse como a segunda forza máis votada en Brollón, cun 25,06% dos votos, que lle reportan 3 concelleiros. O BNG de José Luis Maceda sitúase no primeiro posto en número de concelleiros, con 4, grazas ao 36,73% dos votos acadados. As restantes forzas políticas acadan 2 concelleiros cada unha, o PP cun apoio do 20,30% do electorado, e o PSdeG-PSOE cun 17,53%. A Pobra do Brollón acadou o segundo lugar nas porcentaxes de participación dos votantes nos concellos analizados por este medio, cun 83,76% de total de votos rexistrados.

Todos os datos en http://resultados2011.mir.es/99MU/DMU1127904799_L1.htm?d=722&e=0

BÓVEDA, O CONCELLO CON MÁIS PARTICIPACIÓN, REVALIDA A MAIORÍA DO PP

Os votantes de Bóveda participaron masivamente nos comicios do 22M, acadando un 85,35% de participación, a porcentaxe máis alta entre os concellos analizados por este medio. En canto a resultados, a corporación de Bóveda (9 concelleiros) volve a ter maioría do PP, con 6 escanos e un 58,57% dos votos, fronte aos 2 concelleiros acadados polo PSdeG-PSOE cun 28,40% dos votos, e un único concelleiro para o BNG, cun 12,23% do apoio do electorado.

Todos os datos en http://resultados2011.mir.es/99MU/DMU1127900899_L1.htm?d=63&e=0

O PSOE REVALIDA MAIORÍA EN RIBAS DE SIL

O PSdeG-PSOE de Miguel Sotuela acadou un 62,96% do apoio do electorado, lonxe do 34,26% rexistrado polo PP. Entre ambas listas repartirase a corporación de 9 concelleiros, dos cales 6 serán do PSOE e 3 do PP. O BNG obtuvo un apoio do 1,26% dos votos. A participación nos comicios en Ribas de Sil foi do 81,05%.

Todos os datos en http://resultados2011.mir.es/99MU/DMU1127905299_L1.htm?d=839&e=0

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

22M-eleccións municipais 2011: Ribas do Sil -Candidaturas, listas, valoración do mandato que finaliza, 3 obxectivos a cumprir en caso de acadar a alcaldía

Seguinte Nova

Unha ruta turística cinematográfica, baseada na produción «Romasanta», deu a coñecer as terras de Sarria e O Courel

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: