Ata o 30 de maio, prazo para inscripción na Xuntanza de Maiores en O Carballiño

A concellería de benestar social de Monforte de Lemos, dirixida por Ana Casal, informa que a Consellería de Traballo e Benestar organiza un ano máis a “XXXIII Xuntanza de Maiores”, que se celebrará no Carballiño o vindeiro día 11 de xuño. As persoas interesadas en participar poderán incribirse nas oficinas dos servizos sociais comunitarios, situadas no edificio da Praza de Abastos d Monforte, de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 horas.

A inscrición deberá realizarse antes do día 30 de maio.

A Xuntanza de Maiores comezará coa chegada dos participantes ás 10:30 horas ao recinto do Parque Municipal de O Carballiño, onde se celebrará ás 12:00 horas un concerto da Banda de Música. Trala chegada das autoridades, prevista para as 13:30 horas, comezará a entrega de agasallos aos centros participantes, para continuar cun xantar campestre e unha xornada de tarde adicada ao lecer. A xuntanza rematará ás 20:00 horas.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Monforte acogerá una jornada sobre seguridad y salud en el trabajo, organizada por la CEL

Seguinte Nova

Preto de 2.000 kilos de cereixas e 200 litros de aceite para vender en Ribas do Sil

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss