A Deputación de Lugo aprobou na súa última xunta de goberno do anterior mandato 32 novas actuacións a realizar en 17 concellos da provincia, un deles o de Bóveda, que suman un orzamento de case cinco millóns de euros. Deste xeito, o vicepresidente primeiro en funcións da institución, Antón Bao, explicou trala xuntanza que, entre outras infraestruturas deportivas, a xunta de goberno acordou investir 351.000 euros na construción dunha piscina no concello de Bóveda. A inversión farase en dúas anualidades. Por outra banda, aparte do municipio de Bóveda, o organismo provincial tamén destinou 150.000 eruos para a reforma da pista e das instalacións térmicas do pavillón de Monforte de Lemos. Finalmente, é de destacar que nesta área tamén se aprobaron máis de 150 becas que suman un total de 70.000 euros para deportistas individuais.
Últimas noticias sobre DEPORTES
A pasada fin de semana tivo de todo para os equipos de Monforte na Liga Xuvenil
Os cadetes do Val de Lemos sobrepuxéronse á axustada derrota ante Bosco na primeira xornada da
A fin de semana do 4 e 5 de marzo, Pantón acolleu un ano máis, probas
Volta O Gran Camiño A primeira etapa da volta ciclista O Gran Camiño Cycling saíu onte
Unha nova edición da tradicional carreira popular Concello de Monforte xa está en marcha. Terá lugar