AS LETRAS DE PEREIRO EN MONFORTE: Un fito na historia da vila e da súa proxección cultural

“Lois Pereiro personifica unha aposta pola modernidade e a vangarda, polas novas xeracións de escritores e poetas, anova a tradición de excelencia da voz lírica de Galicia, e dá continuidade a herdanza que parte de Rosalía e os poetas do Rexurdimento, e continúa en Cabanillas, Manuel Antonio, Celso Emilio Ferreiro, Uxío Novoneyra ou Manuel María”. Así describía ao autor homenaxeado oficialmente a Xunta de Galicia durante a celebración do día das Letras Galegas na cidade do Cabe. Monforte e Galicia renderon homenaxe ao seu poeta posmoderno o 17 de maio no que foi un acto institucional de punta a cabo e que poucas autoridades quixeron perder.

OS PRESIDENTES DA XUNTA DE GALICIA E DA REAL ACADEMIA GALEGA, E A PRESIDENTA DO PARLAMENTO GALEGO, EN MONFORTE

Os membros da Real Academia Galega desprazáronse á cidade que viu criar a Pereiro e participaron dun emotivo acto de recepción na Casa Consistorial, no que tamén estivo presente, entre outras moitas autoridades, o Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. O xornalista Xose Manuel Pereiro e irmán do homenaxeado foi un dos encargados de intervir, xunto con presidente da Real Academia, Xosé Luis Méndez Ferrín, o presidente do goberno galego e o rexedor local de Monforte, Severino Rodríguez, no acto de recepción. Este último fixo referencia á relación do autor coa súa cidade, pero tamén á súa obra baseada no amor e que representa, por outra parte, a defensa do valor da lingua galega. “Pereiro foi quen de extraer beleza da dor, de xerar ánimo da desesperanza, de crear vida da morte, e fíxoo con mestría e descarnada sinceridade”, relatou a declaración institucional da Xunta no Día das Letras.

Mª Xosé Vega Buján, vicepresidenta terceira da Deputación, Pilar Rojo, presidenta do parlamento de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia, e Severino Rodríguez Díaz, alcalde de Monforte de Lemos, en primer plano xunto a Xosé Luis Méndez Ferrín, presidente da Real Academia Galega. EC.

PROPOSTA POR MANUEL MARÍA PARA O 2015

Durante o acto celebrado na Casa do Concello, o rexedor local fixo entrega dunhas flores á nai e á irmá do escritor finado en 1996, nun dos momentos máis emotivos da xornada. Posteriormente, Severino Rodríguez dirixiuse aos académicos para solicitarlles que o 2015 sexa o ano da homenaxe a Manuel María, o poeta chairego adoptado por Monforte, petición que desatou fortes aplausos entre o numeroso auditorio.

FAMILIARES DE PEREIRO E VECIÑOS DE MONFORTE ENCHERON AS RÚAS DA CIDADE DO CABE NA HOMENAXE AO POETA

Veciños de Monforte e amigos de Lois Pereiro estiveron presentes durante a celebración, facendo das Letras Galegas de 2011 unha das homenaxes máis concorridas polos cidadáns, tal e como destacou o propio Méndez Ferrín, facendo alusión ao caracter popular do poeta honrado neste día. Despois do acto celebrado no Concello, unha comitiva formada por autoridades e asistentes dirixiuse á Casa da Cultura atravesando as rúas de Monforte e acompañados pola banda de música municipal. Na nova localización o espazo virouse insuficiente para acoller ao público que quería asistir á sesión plenaria que desenvolveu a Real Académica, e na que interviron académicos como Manuel Rivas, Margarita Ledo, Luz Pozo Garza ou Margarita Ledo. Todos os poñentes loubaron a figura de Lois Pereiro dende diferentes perspectivas literarias, vitais e socioculturais.

CRÓNICA GRÁFICA DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2011 EN MONFORTE

A Plataforma Queremos Galego fixo acto de presenza na praza das Clarisas ao paso da comitiva oficial, en sinal do descontento dunha parte da sociedade coa política lingüística do actual goberno autonómico. EC.
Familiares, conselleiros, deputados, académicos e amigos de Pereiro asistían á recepción no Concello. EC.
Académicos como Manuel Rivas, que compartira experiencias en vida de Pereiro, participaron da sesión plenaria estraordinaria da Academia.EC.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Todo listo para comezar o auditorio de Chantada

Seguinte Nova

UGT denuncia as condicións nas que FCC mantén aos traballadores da limpeza en Monforte

Últimas noticias sobre CULTURA

PROGRAMA LUGOTERMAL 2024_2025

A Deputación abrirá o prazo de inscrición ás 09:00 horas do luns 02.12.2024 da nova edición do LugoTermal, con máis de 1.700 prazas. 
Ir aInicio

Don't Miss