Axudas de Medio Rural á gandeiría

O importe total supera os 10 millóns de euros

Redacción-Monforte

A Consellería do Medio Rural, a través do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA), ven de abonar axudas a gandeiros por un importe superior aos dez millóns de euros, das que se benefician máis de 17.000 produtores de gando vacún.

Vacas nutrices e produción de carne vacún

Estes pagos corresponden principalmente a dúas axudas derivadas da reforma da Política Agrícola Común (PAC) de 2003, o pago adicional a explotacións que manteñen vacas nutrices e o pago adicional á produción de carne de vacún de calidade recoñecida oficialmente. Do pago adicional a explotacións que manteñen vacas nutrices benefícianse así case 16.400 gandeiros galegos por un total de 5,3 millóns de euros. Por outra banda, no caso do pagamento adicional á produción de carne de vacún de calidade recoñecida oficialmente, os beneficiados son 3.916 gandeiros de Galicia por un importe de case 700 mil euros. Trátase de gandeiros que recibirán por unidade 111,90 euros.

Axudas á produción de leite en zonas desfavorecidas

Asimesmo, a Consellería do Medio Rural ven de realizar os pagos correspondentes a gandeiros de leite de zonas desfavorecidas, por un importe de case dous millóns de euros, e dos que se benefician 896 gandeiros. Así como o pagamento único por explotación por unha cantidade de case dous millóns de euros, e a produtores con vacas nutrices por un importe de case 600 mil euros. É de destacar o caso da provincia de Lugo, na que se concentran o 53% dos produtores e o 59 % dos importes concedidos.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Comezan de novo as obras na residencia de Bóveda

Seguinte Nova

A Deputación de Lugo financia a construción da piscina de Bóveda

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

     
A %d blogueros les gusta esto: