Colaboración e melloras para a comarca de Lemos

A Plataforma Cidadá en defensa da Comarca de Lemos ven de emitir un comunicado co principal obxectivo de que tralas eleccións do pasado 22 de maio “se opere o cambio necesario na forma de entender a política polos partidos concorrentes, antepoñendo a todo os intereses dos cidadáns”. Dende a Plataforma agardan así que a acción coordinada de todos se extenda na defensa de intereses comúns como por exemplo as infraestruturas que vertebran a Monforte co resto de provincias e comunidades, o dereito a unha sanidade pública de calidade, o desenvolvemento tecnolóxico que posibilite a creación e implantación de empresas competitivas, e a defensa de sectores tan importantes como son o agrario e o gandeiro. Asimesmo, dende a organización amosaron a súa disposición e colaboración cos posibles novos equipos de goberno, e tamén cos que continuarán no cargo.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Prácticas para os estudantes locais en Monforte

Seguinte Nova

A retribución dos bombeiros interinos será costeada pola Deputación ata a integración no Consorcio

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

 
A %d blogueros les gusta esto: