Comezan de novo as obras na residencia de Bóveda

A súa ubicación suscitou críticas entre o colectivo de discapacitados

Redacción-Monforte

Fachada principal da que será a futura residencia de Bóveda.

A empresa Atención Integral Personalizada (AIP) comezou de novo fai uns días as obras da futura residencia para persoas discapacitadas de Bóveda. O alcalde, José Manuel Arias, explicou que os traballadores “xa levan varias semanas realizando distintas tarefas, tales como sacar anacos de cemento, retirar paneis, sacando terra e aportándoa onde fai falla, así como pequenas reformas interiores”. En xeral estase a facer o acondicionamento das zonas de xardín que rodean as instalacións, e tamén o derribo dalgunhas división interiores para distribuir os espazos de forma axeitada. No edificio tamén está previsto que se integren as enerxías renovables. Pola súa parte, a residencia suporá a creación duns oitenta postos de traballo directos e contará con 116 prazas e outras trinta no centro de día que tamén formará parte das instalacións. A finalización das obras está prevista para finais deste ano, ainda que tamén cabe a posibilidade de que se prolonguen ata o primeiro trimestre do 2012. O custe do proxecto é duns 16 millóns de euros.

Julio Cortiñas, presidente de Fademga Feaps Galicia. EC

Algunhas críticas

A residencia para discapacitados prevista no concello de Bóveda suscitou certa polémica debido á súa ubicación no polígono industrial. Así, o presidente da Federación de asociacións de Persoas con discapacidade intelectual (Fademga Feaps Galicia), Julio César Cortiñas, manifestou no seu día a oposición deste colectivo de persoas ao cambio de uso desta infraestrutura. “Construíuse inicialmente para atender a persoas da terceira idade, sen embargo, debido á falla de usuarios este centro destinouse agora á atención de persoas con discapacidade intelectual, despois de que unha empresa con ánimo de lucro negociase apoios coa Xunta, co fin de poder atender a persoas gravemente afectadas”, sinalou Julio Cortiñas. Asimesmo, o presidente de Fademga Feaps Galicia explicou que dada a súa ubicación e magnitude, a residencia “contravén os principios básicos da inclusión das persoas con discapacidade intelectual, motivo polo que o colectivo manifestou a súa máis firme oposición a esta macroresidencia, solicitando ao presidente da Xunta a súa intervención neste senso”.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Iniciado o proceso de contratación da residencia de Ribas de Sil

Seguinte Nova

Axudas de Medio Rural á gandeiría

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss