A Deputación de Lugo xa iniciou recentemente o proceso de contratación da residencia de Ribas do Sil, de tal xeito que o Boletín Oficial da Provincia publicou o prazo e os requisitos para que todas as empresas interesadas presentaran as súas ofertas. Transcorridos os prazos legais, nun mes, comezarán as obras de construción de dita infraestructura, para a que o organismo provincial achega preto de 1.200.000 euros. Pola súa banda, o Concello aporta os terreos necesarios e participa no financiamento dos gastos de urbanización nun 20% do total. A residencia ofrecerá 26 prazas de residencia e 15 no centro de día. Por outra parte, o organismo provincial está a ultimar o proxecto da residencia do Saviñao logo de aprobar a adquisión dos terreos necesarios. No caso de A Pobra do Brollón, a Deputación xa aprobou o convenio do centro para maiores cun orzamento de 1,2 millóns.
Últimas noticias sobre INFRAESTRUCTURAS
• A licitación do proxecto sae cun coste de 163.398,41 euros, o prazo de presentación de
• Substituíuse o pavimento de céspede artificial e levouse acabo a mellora da malla metálica e
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de licitar o reforzo do firme das estradas LU-617,
• O BNG acada o compromiso da Axencia galega de Infraestruturas para que inicien as obras,
O domingo día 20 de marzo, derrubouse unha parte da estrada LU-651, entrada principal ao concello