San Antón: orixes e actualidade da festa deste emblemático barrio monfortino

Redacción-Monforte

Dende o 10 ao 13 de xuño celebrarase un ano máis a festa de San Antonio, a festa de barrio por excelencia da cidade de Monforte. Trátase sen dúbida dunha cita especial para os monfortinos e xentes da comarca, que miran cara ao barrio dunha maneira especial nestas datas, e ao tempo, os do municipio desfrutan dunha xornada festiva, o día do patrón, San Antonio de Padua, que se festexa o 13 de xuño. O xeito de organizar as festas conserva o espírito veciñal e particular das dos barrios e as parroquias nos que un grupo de veciños, a comisión, se encarga de conseguir o finanzamento e organizar a totalidade das actividades. É a festa dos monfortinos que viven en toda a marxe do río na que se atopa o Campo de San Antón, que foi extendendo a súa festividade ás rúas colindantes. A pesares da súa fonda actualización, coa presenza das atraccións e das orquestras, o San Antón conserva moitas das vellas tradicións que lle son propias.

Foto de época do Campo de San Antón e o cruceiro (cedida polo investigador local Felipe Aira). EC.

Segundo o historiador monfortino Felipe Aira, a festa de San Antón celébrase dende alomenos os inicios do século XIX, cando o santo tería obrado un miragre no convento das Clarisas, ao facer aparecer uns obxectos perdidos dunha das relixiosas que o habitaban. Esta teoría forma parte dunha das lendas vinculadas a Monforte e segundo relata Ricardo Rodríguez Vilariño de Barbeito no libro Monforte, sus monumentos, tradiciones y leyendas “se tiene por cierto que a una de las abadesas se le cayeron en el pozo de la huerta unas gafas y un llavero; varios dñias estuvieron trabajando para recuperar los objetos perdidos, pero todos los intentos resultaron estériles. Ocurriósele a una de las monjas atar un pequeño San Antonio al extremo de una cuerda; practicada esta pequeña operación sumergiósele en el agua hasta llegar al fondo. pasado un pequeño espacio de tiempo elevaron al santo que traía pendiente de una de las manos el objeto perdido. Desde entonces tienen especial veneración y celebración en su obsequio solemne fiesta en su día (…)”.

 Segundo relata Aira, en 1503 comeza a construcción do convento franciscano adicado a San Antón de Padua, que ocuparía a zona que hoxe coñecemos como Campo de San Antonio deica o século XIX. Este convento franciscano foi abandonado forzosamente debido á Desamortización e décadas despois foi demolido por orde do administrador do Conde de Lemos.

O cruceiro que preside a praza de San Antón é unha das poucas pertenencias que se conservan do convento, polo menos en coñecemento do investigador Felipe Aira. Este emblemático cruceiro data do século XVI e o seu emprezamento orixinal era na que hoxe se denomina rúa Antonio Méndez Casal. Pero o legado construtivo do convento está patente noutros detalles como as columnas nas que se apoian algunhas galerías de madeira das casas do contorno do Campo de San Antón. Aira engade a este conxunto un altar que se atopa na igrexa de Piñeira e un baixorrelevo dunha capela particular, a de San Pedro, na rúa Doutor Casares. Pero a “solera” do barrio procede ademáis doutras tradicións coma o mercado de legumes, granos e castañas que situaban a cacharrería arredor do devandito cruceiro, así coma os venderores de carbonilla, relata o historiador nun estudo realizado nos últimos anos. Outros elementos emblemáticos do barrio foron o primeiro local fixo dedicado ao cinema que sería instalado na primera década do século XX, un barracón denominado Cine Barbagelata. Posteriormente o local fixo de cinema pasaría á Avenida de Galicia. Felipe Aira non esquece nomear outra das construccións representativas do barrio, a que é hoxe a Casa do Concello, que fora construído baixo o Directorio de Primo de Rivera, a través das xestións do alcalde Jorge Dacal. No seu momento, e ata hai uns anos foi utilizado como centro educativo, primeiro como escola de ensinanza, logo como instituto de secundaria e posteriormete tería servido, dende o 39, para albergar o primeiro Batallón do Rexemento de Artillería de Zaragoza, que tiña como obxectivo permacecer como guarnición na cidade do Cabe. Anos despois recuperouse como escola, ata albergar actualmente as dependencias municipais.

APOSTA POR UNHA FESTA DE GRAN CALADO POPULAR

Se hai unha data especial para os veciños do barrio, esta é a festividade de San Antón. Cargada de tintes relixiosos e sobre todo populares. Unha tradición que os veciños non queren perder e pola que cada ano se organizan para facela posible.

As festas do barrio monfortino de San Antonio constitúen unha cita tradicional e moi esperada no calendario de celebracións locais. EC.

A comisión de festas deste ano xa está a traballar na preparación, aínda co programa sen pechar, encárganse de recadar fondos entre os veciños. Este ano son 10 as persoas encargadas dos festexos aos que pretenden darlle o mesmo esquema de sempre. En principio teñen previsto contar con dúas orquestras diarias. Serán tres verbenas que se acompañarán dos tradicionais xogos para os nenos. Non faltarán as citas máis tradicionais do San Antón como é a bendición de roscas a carón das Clarisas e posteriormente na praza da nova igrexa, na rúa poeta Manuel María. Non faltará a misa e a procesión coa imaxe do santo e as actuacións de grupos de baile tradicional coma os locais Lemavos.

 A crise económica estase a sentir na recadación, segundo apuntan os “ramistas”, pero coa aportación municipal e a que prevén recoller das barracas contan acadar o finanzamento suficiente para darlles festa aos veciños. Parte dos membros da comisión repiten dende hai moito tempo formando parte da organización nalgún caso dende hai 16 anos. O tempo que lle dedican réstano á súa vida personal despois de saír dos seus respectivos traballos, e por isto agradecen a incorporación dalgúnha xente nova ao grupo porque “para o barrio representa moito esta festa, e o que queremos é mantela e que siga contando coa acollida que ten actualmente·”

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Deputación de Lugo financia a construción da piscina de Bóveda

Seguinte Nova

22M: Valoración dos resultados electorais no sur de Lugo

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

   
A %d blogueros les gusta esto: