Cinseiros para limpar as rúas

Ao mesmo tempo preténdese mellorar a imaxe da vila

Redacción-Monforte

Hai unhas semanas comezaron a instalarse na vila de Quiroga unha serie de cinseiros que o Concello vai a colocar diante dos establecementos de ocio, e que forman parte do “Plan de ornamentación e limpeza” da vila. Son máis de 30 cinseiros, cos que se pretende sobre todo mellorar a imaxe da vila. Os cinseiros están realizados en material acorde co mobiliario urbano xa instalado nas rúas e contan co escudo do concello de Quiroga na súa parte frontal. É de destacar que deste mesmo plan forman parte a decisión do goberno municipal de cubrir os alcorques das árbores das beirarrúas con grava ornamental. Trátase de grava compactada e selada que evita que se desprendan as pedras. Un novo sistema que ten como fin protexer aos viandantes de posibles tropezóns ao pasaren preto dos alcorques das beirarrúas.

ESCOLAS DEPORTIVAS

 As escolas deportivas de tenis xa remataron no concello de Quiroga, dando paso ás de baloncesto, que están dirixidas a rapaces de 10 a 14 anos, e que se impartirán ata finais do mes de xuño. Deste xeito, os interesados en participar deberán achegarse polo pavillón municipal os xoves a partir das cinco e media da tarde. A área de deportes do concello ofertou este ano, dentro das Escolas Deportivas, fútbol sala, tenis, aeróbic e agora baloncesto; unha oferta que tentará ampliarse para o vindeiro ano debido á boa acollida que tivo.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Os veciños de Hospital en Quiroga celebran a VI Festa do Peregrino

Seguinte Nova

Fin de temporada da Sociedade Filarmónica de Monforte

Últimas noticias sobre DEPORTES

Intratábel a SD Sarriana

Magnífica a tempada a da SD Sarriana, que está a cumprir cos prognósticos que os daban como un dos favoritos ao ascenso.
Ir aInicio

Don't Miss