
A Sociedade Filarmónica de Monforte púxose de largo para pechar a tempada de concertos e fíxoo cunha cita de nivel que levou a deceas de persoas á igrexa dos Escolapios o pasado martes 24 de maio. Para a ocasión, contaron coa Orquestra de Cámara Ceské Budejovice, que xa repetía neste escenario interpretando un concerto plagado de notas clásicas, melloradas aínda pola boa acústica do lugar. A actuación desatou fortísimos aplausos dos asistentes, que agardan a nova quenda de concertos impulsados dende o colectivo presidido por Magín Vázquez.