Novo pantalán en Chanteiro

O obxectivo é contar con máis lugares de acceso aos catamaráns

Redacción- Monforte

O presidente da Deputación en funcións, José Ramón Gómez Besteiro, e a Vicepresidenta Terceira e responsable da área de Turismo en funcións, María Xosé Vega Buján, realizaron hai uns días unha visita con máis de 60 persoas ao pantalán en Chanteiro, no concello de Sober, habilitado polo organismo provincial. Trátase dun novo embarcadoiro co que se resposta á demanda da comisión cidadá creada en Sober logo do baleirado do río por Iberdrola.

Visita do presidente da Deputación a Sober. DL

Co pantalán de Chanteiro conséguese ademais, ampliar os lugares onde os usuarios poidan acceder aos catamaráns. Deste xeito, o alcalde en funcións de Sober, José Gómez, comprometeuse ese mesmo día á mellora do seu acceso. Segundo indicou Gómez, “o pantalán a verdade é que está moi ben; foi un pantalán pequeno, provisional, que non sei se xa retiraron porque van a traer outro máis grande; pero en definitiva eu creo que se trata dunha boa opción para fomentar o turismo no concello de Sober, e tamén beneficioso para os veciños e para todos aqueles que nos visiten”. “Ademáis tamén se vai a instalar un tren turístico pola zona de Doade, que baixará dende o mirador de Soutochao, pola carretera nova da Ribeira e pasando tamén pola alfareríra de Gundivós. Vamos, un proxecto moi importante sobre todo pensando no turismo, xa que hai que aproveitar os recursos dos que dispoñemos”, engadiu o alcalde. Na actualidade, o Sil ao seu paso pola provincia conta cos dous embarcadoiros, os de Doade e Chancís. Besteiro e Buján, tamén aproveitaron esta visita para presentar o novo modelo de coordinación turística da provincia que impulsará a institución; a creación dunha empresa pública liderada pola Deputación, pero con participación de empresas privadas, que buscará a promoción e comercialización do turístico lucense.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

XVII Cata dos viños da Ribeira Sacra

Seguinte Nova

Máis Servizos Sociais en Quiroga

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: