A Asociación Cultural San Bartolomé de Hospital, no concello de Quiroga, organizou esta pasada fin de semana a VI Festa do Peregrino; unha celebración na que colaboraron tanto a Deputación Provincial como o Concello de Quiroga. Pola súa parte, os peregrinos participantes xuntáronse no campo da festa de A Ribeira dende as cinco e media da tarde para saír cara o Castelo de Torrenovaes acto seguido, onde comenzou o percorrido polo camiño Real ás seis e media da tarde aproximadamente. Unha hora máis tarde, chegaron á igrexa de Hospital, onde se oficiou a misa do Peregrino. Xa ao seu remate, a comitiva de peregrinos, veciños e demais participantes seguiu ata a ponte da Vergaza, remate do camiño dentro da parroquia de Hospital. Finalmente, a xornada rematou cuns pinchos para todos os participantes no adro da igrexa parroquial.
Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO
Gonzalo L. Torres. Moito falamos do Feismo urbanístico en Galicia, e seguro que moitos de nós
O pasado 19 de xullo, os representantes da Asociación Veciñal do Saviñao entregaron no Concello un
• Fixeron traballos de limpeza do acceso do camiño que leva á fonte publica, ante o
• Redacción- MONFORTE. a Asociación Monfortina de Amigos do Ferrocarril (AMAFER), no 25 aniversario da súa
O Concello da Pobra do Brollón está a desenvolver o programa «Déixate guiar», que ofrece cinco