XVII Cata dos viños da Ribeira Sacra

Redacción- Monforte

O Parador de Turismo de Monforte foi o escenario escollido para celebrar o xantar que puxo punto e final á XVII edición da cata dos viños da D.O. Ribeira Sacra. Aproveitando o acto entregáronse os premios aos viños que os dez catadores que conformaron o panel de cata, consideraron mellores.

Os premiados na XVII Cata dos Viños da Ribeira Sacra. NC.

PREMIADOS

Deste xeito, na categoría de brancos presentáronse 11 viños e os premiados foron: Abadía da Cova de Adegas Moure en primeiro lugar, Almalarga de adega Pena das Donas en segundo lugar e, Viña Garoña de adega Viña Garoña en terceiro lugar. Na categoría de tintos presentáronse 37 mostras e os premiados foron: Regina Viarum de adegas Regina Viarum como primeiro clasificado, Sollío de adega Victorino Álvarez Rodríguez como segundo clasificado e, Adega Vella de adega Jorge Feijoo González como terceiro clasificado. Pola súa parte, é de destacar que por cuarto ano consecutivo contouse cunha categoría máis, a de viños doutras añadas. Polo número de participantes, 14 mostras, concretouse na bases un único premio que recaeu en Regina Expresión de adegas Regina Viarum. En canto aos premios, o Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra empregou unha vez máis distintas pezas da olería de Gundivós (en Sober), que foron entregando aos premiados as autoridades presentes. Finalmente, os catadores do panel de cata destacaron a calidade dos viños da pasada colleita e loubaron as diferentes cualidades e características dos viños da Denominación.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Charlas para os maiores e premios para os máis pequenos

Seguinte Nova

Novo pantalán en Chanteiro

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss