As novas tecnoloxías achéganse máis ao rural co programa InLugo

Veciños de O Saviñao valoran esta acción formativa que chega ao seu municipio para dinamizar o eido local

Redacción-Monforte

Os membros da Asociación de Veciños de O Saviñao reúnense periodicamente. Arquivo EC

Dende a Deputación de Lugo son moitos os cursos que se conceden a distintas asociacións veciñais da provincia para que os veciños teñan un acceso máis doado a ámbitos como poden ser as novas tecnoloxías. Neste senso, dentro dos últimos cursos concedidos a través do programa In Lugo, atópanse os da Asociación Veciñal de O Saviñao, e os da Asociación de San Martiño de Vilelos, tamén do concello de O Saviñao. Eva Pérez, secretaria da primeira das agrupacións, sinalou que os cursos que se van levar a cabo son dous, un sobre o funcionamento da páxina do Sixpac, que se desenvolverá os días 20 e 21 de xuño de oito da tarde a dez da noite; e outro de Ofimática, Excel e iniciación á informática, que se desenvolverá do 4 ao 8 de xullo. “Polo de agora, no curso do Sixpac temos anotadas a once persoas, e ainda que o límite de prazas é de 15, iso non quere dicir que máis adiante non se poda volver a facer. E para o de informática ainda non sabemos cantos se van apuntar, pero o mínimo é de dez persoas”. Para esta agrupación veciñal trátase dos primeiros cursos que poñen en marcha nas súas instalacións, “fixemos algunha charla sobre a prevención do lume, pero ainda que sexan os primeiros, pretendemos que ademáis de aprender os propios contidos, as actividades sirvan tamén para dinamizar a vida da aldea, e para que vexan que na asociación facemos cousas”, engadiu Eva. Pola súa parte, Tania Mirás, secretaria da Asociación de San Martiño de Vilelos, confirmou que de momento teñen concedido un curso de Open Office. “Levarase a cabo dende o vindeiro 27 de xuño ata o 1 de xullo, e en horario de oito a dez da noite”, sinalou. “Son inciativas ben acollidas por todo o mundo, porque soen participar persoas de diferentes ámbitos, tanto amas de casa, como estudantes, traballadores, etc”, engadiu Mirás. A maiores, é de destacar que nesta asociación contan con outras actividades; unha das máis coñecidas, o folión de Fachas de Vilelos. “Asimesmo, os dous últimos fins de semana de xuño temos previsto un curso de cesteiría, e non descartamos pedir algún curso máis á Deputación porque teñen unha oferta bastante ampla e variada”, concluiu.

VALORACIÓN A PÉ DE RÚA

Ángela Sánchez  –  Dependienta

“Todo ese tipo de iniciativas está moi ben. Todo o que sexa aprender nos pobos, e nas aldeas sobre todo, é positivo, porque senón en lugares pequenos como este non hai nada.”

Cristina Fernández – Auxiliar de clínica

“Paréceme ben. Desa forma, todo aquel que esté interesado pode aprender, e sobre todo a xente maior. É importante que os distintos xeitos de comunicación cheguen a todos os sitios.”

José Manuel Mariño – Xubilado

“É unha iniciativa estupenda, porque a informática é un vehículo de conexión co mundo. Todo o que sexa información e comunicación é ideal, sobre todo en lugares tan deixados.”

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Balance da repercusión do canon no sur de Lugo

Seguinte Nova

Castro Candaz emerxe de novo

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: