As actividades na Agrupación Deportiva Río Cabe non deixan de sucederse. Unha das últimas tivo lugar os pasados 4 e 5 de xuño nas instalacións de golf da Agrupación Río Cabe, en Monforte, coa celebración do Campionato Absoluto de Galicia de Pitch and Putt. Neste senso, resultaron gañadores en primeira, segunda e terceira categoría, Juan Carlos Iglesias Surribas, Eduardo Varela Puga, e José Eustaquio Freire García (Yusty), respectivamente. Pola súa parte, na categoría feminina resultou gañadora María Eugenia Martínez Oriola; mentres que en xuvenil, o gañador foi Julián Otero Daviña. Asimesmo, como todos os anos a final de tempada celébrase unha cea anual, que nesta ocasión terá lugar o vindeiro 18 de xuño.