O descenso de auga no encoro de Belesar permite a súa visibilidade
As obras de mantemento realizadas nas instalacións hidroeléctricas do encoro de Belesar, no concello de Chantada, obrigaron a rebaixar considerablemente o nivel de auga. Como consecuencia dese descenso no caudal do Miño, dende hai unhas semanas pode apreciarse o conxunto de Castro Candaz, un dos vestixios da época castreña do municipio chantadino que quedou anegado a comezos dos anos sesenta trala construción da presa. Dende entón, e en contadas ocasións cando descende o nivel da auga, veciños e visitantes poden contemplar esta construción histórica e natural situada na parroquia de Santa Eulalia de Pedrafita. (Foto: Segundo Navaza)