José Antonio García, alcalde de Sarria: “A maioría absoluta non é un cheque en branco que nos concederon os veciños”

José Antonio García ocupa despois dunha paréntese de 4 anos o despacho da Alcaldía cun apoio maioritario dos sarrianos. EC

Redacción- L.Gallardo

José Antonio García exerce xa como rexedor na vila de Sarria despois da maioría que os veciños concederon ao Partido Popular despois do 22 M. García substitúe aos socialista Claudio Garrido, quen devolvía o pasado día 11 o bastón de mando a un alcalde que xa o precedera. O flamante madatario conversou con En Común o seu primeiro día de traballo en compaña de gran parte dos novos concelleiros.

¿ Como está a ser a aterrizaxe no despacho da Alcaldía?

Este primeiro día foi de total normalidade, visitando todas as dependencias municipais para amosarllas aos concelleiros que acceden por vez primeira á xestión política de Sarria. Comezaremos con reunións coa secretaría e a intervención para poñernos ao día de asuntos económicos que van marcar un pouco as primeiras decisións fóra do ámbito do día a día.

De todas maneiras vostede ten que coñecer parte do sistema ao repetir como alcalde deste concello.

É certo que sí que hai que sumar a experiencia que xa tiven.

¿Como valora e define o cambio que os veciños deron cos seus votos?

É unha gran satisfacción a nivel personal o apoio dos veciños de Sarria, porque hai uns anos que non había ningunha maioría absoluta. Esto loxicamente non é un cheque en branco dos sarrianos cara este goberno, senón que é un caudal de confianza que nos enche dunha grande responsabilidade para que Sarria salga da situación tan difícil que están a atravesar tantos concellos.

Falabamos antes dos comicios, e vostede sinalaba como liñas de actuación prioritarias do seu programa a creación de solo industrial en prol do emprego, a paralización do PXOM que foi aprobado inicialmente hai uns meses polo goberno local saínte, e o saneamento das contas municipais.

Está claro que o aspecto económico é fundamental. Nós dixemos que a situación económica do Concello era moi delicada, de feito está aprobado dende o ano pasado un plan de reequilibrio financeiro para enxogar o déficit que este Concello acumulou no ano 2009. Este plan pasa pola reducción de moitas axudas e subvencións que estaba tradicionalmente concedendo esta entidade e que van afectar aos próximos catro anos, xunto cunha suba de impostos que deixa tamén aprobada o anterior tripartito. Nós temos moitísmo interese en reconducir a situación económica do Concello, loxicamente haberá que facer un plan de reducción de gastos e un imprescindible plan de austeridade unha vez que se coñezan en profundidade as contas, co fin de non repercutir todo este déficit nos servizos e nos propios cidadáns nos vindeiros catro anos.

¿Trátase entón de reconducir o plan de axuste aprobado polo anterior goberno?

Tentaremos que esa reducción de gasto non suba a carga fiscal dos veciños por un lado e esa merma tremenda de ingresos (non vai haber Plan E como estes dous anos, nin canon de augas como o que deixaramos hai catro anos). Son, en suma, máis de 1000 millóns de pesetas que non imos ter, e ademáis diso hai que pagar o déficit de 2009 cun plan de reequilibrio financeiro que repercute nos cidadáns. Con toda esa situación loxicamente hai que tomar medidas de reducción de gasto para poder xestionar mellor o pouco que vai haber.

¿ Onde irán eses escasos fondos que se agarda ter?

O pouco que vai haber ten que ir enfocado primeiro ao problema fundamental que ten Sarria, como a meirande parte dos municipios de España neste momento, que é o paro. O municipio ten máis de 1000 parados neste momento, o que significa que practicamente non hai ningunha familia que non teña a ningún membro en situación de desemprego. Con este contexto nin funciona o comercio, nin os servizos nin ningún sector, porque non se crea riqueza.

¿Vai ser viable a creación de solo industrial a curto prazo?

Ten que selo, é unha prioridade. Por un lado está a segunda fase do polígono industrial, que depende do Goberno Central, e Sarria leva dende a chegada do goberno socialista en España sin crear un metro cadrado de solo industrial. Iso está freando o pouco investimento privado que se pode dar, moitos emprendedores tiveron que montar as súas empresas noutros concellos porque Sarria non lle podía dar terreo, e esa situación hai que desbloqueala inmediatamente. Aparte, é preciso darlle tamén unha solución á gran cantidade de naves e pequenas industrias en solo rústico. Temos que tratar que todo o texido industrial de Sarria se legalice e poida ter posibilidade de medrar nuns tempos tan difíciles.

Falando de calificación do solo, tratemos o PXOM. O PP deixou ben patente que non estaba conforme co que se ven de aprobar de xeito inicial.

Non é que estivera só en contra o Partido Popular, o que puidera parecer unha cuestión política, senón que tivo 3000 alegacións dos veciños de Sarria. É proporcionalmente unha das oposicións veciñais máis importantes de Galicia a un Plan Xeral. Non se pode facer un plan de ordenamento coa xente en contra. O PXOM que estaba previsto en Sarria arruinaba a moitos propietarios e era imposible levalo a cabo. O 80% dos edificios de Sarria quedaban fóra do ordenamento. Tivemos un compromiso claro no programa electoral, o que é un contrato cos veciños, para paralizar e buscar unhas solucións consensuadas para sacalo adiante tendo en conta o contexto no que estamos.

¿ Cales son as xestións inmediatas?

En canto teñamos as áreas de goberno definidas imos reunirnos co equipo redactor e a partir de aí imos estudar todas as alegacións e o plan de forma áxil pero exhaustiva co fin de elaborar un documento consensuado e transparente que non maniate o crecemento de Sarria nos vindeiros anos.

¿ Que cousas similares e diferentes vai ter a nova etapa ?

Unha situación económica distinta que repercute nun nivel de gasto que non vai volver haber e por riba non imos contar coa ingresos extraordinarios que tivo o tripartito. Agora haberá que adaptarse e cambiar a forma de xestionar este concello. No senso político cambia polo respaldo que ten este novo equipo de goberno, o que conleva unha gran responsabilidade tendo en conta o meirande resultado histórico de votos en democracia en Sarria.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Manuel Lorenzo Varela, alcalde de Chantada: “Tes máis ganas de traballar cando estás baixo unha liña totalmente independente”

Seguinte Nova

Sarria, vila de deporte

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss