Premios ás mellores tapas de Monforte

As tapas gañadoras do III Cume Tapas Monforte foron as elaboradas en A Meiga,Casablanca e Esmorga

Redacción – Monforte

No centro da imaxe, as tres gañadoras do III Cume Tapas de Monforte. EC

O xurado profesional da terceira edición do Cume Tapas de Monforte deu a coñecer hai uns días os gañadores nas categorías de mellor tapa tradicional, mellor tapa creativa e mellor maridaxe con viño da Ribeira Sacra, nun acto celebrado no Centro do Viño e no que estiveron presentes, entre outros, o director técnico do xurado, Quique Rodríguez, e o presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo (APEHL), José Real. Deste xeito, o premio na categoría de mellor tapa tradicional foi para A Meiga, pola tapa “Meigallo” elaborada por Concha Álvarez; na categoría de mellor tapa creativa, a gañadora foi Bárbara Listán, de Casablanca con “El capricho de la abuela”; e xa na categoría de mellor maridaxe con viño da Ribeira Sacra, o premio foi para Esmorga, pola tapa “Yin e Yang” elaborada por Nerea Rodríguez. Pola súa parte, dende o xurado quixeron destacar “a sinxeleza, a calidade e a excelente elaboración das tapas”. O xurado estivo formado por especialistas e profesionais da cociña. Dende a organización destacaron a excelente acollida do concurso, xa que nesta terceira edición participaron 65 locais e vendéronse en total 30.463 tapas. De igual xeito, o presidente de APEHL, José Real, agradeceu tanto a resposta dos asociados como a dos clientes. Ao final do acto tamén se procedeu ao sorteo dunha viaxe a Tenerife entre os participantes, que lle correspondeu a Leticia Vila Álvarez.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Presentado o diario do militar monfortino Faustino Vázquez

Seguinte Nova

Novo libro e documental sobre Lois Pereiro

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss