Presentado o diario do militar monfortino Faustino Vázquez

López Vázquez, Grandío e Cardelle durante a presentación. EC

Redacción- Monforte

A galería Sargadelos de Monforte acolleu a semana pasada a presentación do libro Las columnas gallegas hacia Oviedo, que recolle o diario inédito escrito durante os primeiros meses da Guerra Civil polo militar monfortino Faustino Vázquez Carril, e polo que máis tarde sería fusilado. A presentación correu a cargo do historiador Emilio Grandío, responsable do libro; José Luis López Vázquez, sobriño do protagonista e autor do diario; e do avogado Antonio Cardelle. Tanto Cardelle como López Vázquez fixeron refencia a Faustino, lembrando momentos da súa vida. Pola súa parte, Grandío quixo deixar claro que “este non é un libro de historia militar ainda que fale de militares; senon que é sobre todo unha historia de xente corrente, tal e como é a maioría da sociedade”. Asimesmo, deixou constancia do seu agradecemento á familia do fusilado, “xa que cando nos puxemos en contacto con eles a súa colaboración foi magnífica, por dicilo dalgunha maneira, espíronse ante nós”. Grandío explicou ante o numeroso público presente que unha das motivacións ao escribir este libro foi que “hai moita máis xente que foi nesas columnas galegas a Asturias, e iso había que estudalo dende o punto de vista galego e non só dende o lado asturiano”.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Unha guía turística para coñecer o corazón de Galicia

Seguinte Nova

Premios ás mellores tapas de Monforte

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: