Abertas ao público as piscinas municipais de Quiroga

O Concello de Quiroga ten abertas ao público as piscinas municipais dende o pasado día 23 de xuño. Este servizo funcionará no seu horario habitual de todos os veráns, de doce do mediodía a oito do serán ininterrompidamente. Pola súa parte, todos os que queiran utilizar este servizo deberán aboar a entrada correspondente, que se mantén como en anos anteriores: os maiores de 15 anos pagarán 1,50 euros, de 8 a 15 anos aboarán un euro, e os menores de 8 anos terán a entrada gratuíta. Pero tamén se poderán solicitar bonos para toda a tempada con prezos que van dende os 30 euros para os maiores de 15 anos e de 21 euros para os menores.

Festa de San Xoán

A apertura das piscinas municipais coincidiu coa celebración da noite de San Xoán. Deste xeito, tamén dende o Concello de Quiroga preparouse unha pequena celebración para a noite do xoves 23. Na mesma, como non podía ser menos, houbo sardiñada de balde para todos os asistentes a partir das oito e media da tarde, así como unha fogata. E para os máis cativos, dende as sete da tarde tiveron lugar divertidos xogos.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Programación cultural para o verán no concello de Quiroga

Seguinte Nova

O servizo de Ludoteca de Quiroga, que voltará no mes de outubro, celebrou o fin de curso cun gran festa

Últimas noticias sobre DEPORTES

Ir aInicio

Don't Miss