Agosto cultural en Salcedo

A asociación veciñal traballa na elaboración do programa de actividades

A Asociación de Veciños de Salcedo, en Brollón, ven de reunirse a pasada fin de semana, para tratar de poñer en marcha as actividades que levarán a cabo durante o mes de agosto. Nesta primeira reunión aínda non se concretaron datas, senón que se barallaron distintas actividades que poderían poñerse en marcha. Así por exemplo, unha das que con total seguridade se vai a desenvolver, será a Festa da Malla, pero outras, como rutas de sendeirismo, actividades para os máis cativos ou obras teatrais, aínda están sen concretar. A Asociación de Veciños de Salcedo é unha das máis activas. Neste senso, o ano pasado levaron a cabo multitude de iniciativas durante o denominado Agosto Cultural. Representacións teatrais, proxeccións de películas, un obradoiro de baile galego, outro de coiro, e tamén un xantar popular e unha exposición permanente, conformaron o programa da edición anterior. Pero a celebración máis destacada do mes é sen dúbida a Festa da Malla. Unha festa que se leva a cabo na aira do Concello e que reúne a deceas de persoas. Ademais, habitualmente conta con pinchos e coa actuación dalgún grupo musical que ameniza a xornada. Dende a Asociación sinalaron que en breve, a comezos do mes de xullo, agardan poder contar cun programa de actos definitivo, que por suposto integrará gran variedade de actividades tanto para os pequenos como para os maiores.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Negociacións para formar goberno

Seguinte Nova

Presentación do libro “Os últimos brindeiros de Forgas”

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: