Remata o curso e tamén rematan moitas das actividades paralelas. Deste xeito, no concello de Quiroga veñen de clausurarse hai uns días as Escolas Deportivas Municipais do curso 2010-2011, nun acto celebrado no pavillón polideportivo da localidade. Nesta tradicional festa de fin de temporada disputáronse varios partidos, entre eles, un curioso choque que enfrontou a pais e a fillos ás sete da tarde. Ao mesmo tempo, arredor das sete e media, tiveron lugar varios sorteos e a entrega de premios aos integrantes das escolas deportivas. Un pequeno recoñecemento a todos os participantes dun programa paralelo ao escolar co que se pretende sobre todo fomentar o deporte.
Últimas noticias sobre DEPORTES
Debuta cun empate ante o Noia Que o fútbol non hai quen o entenda, é unha
Seguen os logros do taekwondo monfortino. Na recente proba da Copa Xunta celebrada en Moaña, o
O CB Sarria preinfantil está a disputar a liga galega e estao facendo máis que ben.
Facía dezasete anos que non se celebraba a Subida a Taboada e era moita a expectación
Logo da profunda reforma levada a cabo durante os últimos meses, o Pavillón da Pinguela de