Remata o curso e tamén rematan moitas das actividades paralelas. Deste xeito, no concello de Quiroga veñen de clausurarse hai uns días as Escolas Deportivas Municipais do curso 2010-2011, nun acto celebrado no pavillón polideportivo da localidade. Nesta tradicional festa de fin de temporada disputáronse varios partidos, entre eles, un curioso choque que enfrontou a pais e a fillos ás sete da tarde. Ao mesmo tempo, arredor das sete e media, tiveron lugar varios sorteos e a entrega de premios aos integrantes das escolas deportivas. Un pequeno recoñecemento a todos os participantes dun programa paralelo ao escolar co que se pretende sobre todo fomentar o deporte.
Últimas noticias sobre DEPORTES
A Ancares Cycling Marathon, organizada polo Club Ciclista Cidade de Lugo co apoio da Vicepresidencia da
Sober reuniu a 36 equipos de categorías base no que foi á primeira edición dun Torneo
Xa está o Club Lemos comezando os adestramentos para esta nova tempada, na que Josito estará
Vense de celebrar a cuarta proba da Liga Galega de Promoción Slalom de Piragüismo, que tivo
As competicións de urban downhill están entre as carreiras de mountain bike máis apaixonantes do mundo,