Éxitos para o Club Ciclista Chantadino

José Ramón Caamaño, cuarto posto en Portugal

Redacción-Chantada

José Ramón Caamaño, do Clube Ciclista Chantada, cuarto posto en Portugal. (Foto: CCCH).

O Club Ciclista Chantadino continúa colleitando éxitos. O último, despois de desprazarse a terras portuguesas para disputar a 3ª Volta ao Concello de V.N de Famlicao, nunha proba na que tomaron a saída 110 corredores sobre un percorrido de 80 km moi selectivo, tanto polo perfil como polas condicións metereolóxicas con máis de 35º de temperatura. Durante toda a carreira os compoñentes do clube estiveron moi activos, acadando José Ramón Caamaño o cuarto posto en master 30, e sendo o primeiro español en cruzar a liña de meta, amosando así o bo momento de forma no que se atopa.

Asimesmo, hai que destacar a actuación do corredor Luis Alberto Bernárdez (Luba), tras conseguir a victoria na XXIV Xira Concello de Viveiro hai unhas semanas. Unha proba que constou de 120 km, con 150 corredores en liña de saída e un final moi esixente no alto de San Roque. A maiores, o clube chantadino tamén participou no Gran Premio Concello de Bueu.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Club Neka remata a temporada co Torneo Cidade de Ourense

Seguinte Nova

Torneo Sargadelos de golf en Monforte

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss