O alcalde de Brollón tamén baralla gobernar en minoría con pactos puntuais
Redacción-Monforte

O BNG foi a forza máis votada no Concello de A Pobra do Brollón, mantendo polo tanto o goberno con José Luis Maceda Vilariño ao fronte. Nas pasadas eleccións municipais, acadaron catro concelleiros, sen embargo, os independentes conseguiron tres, o Partido Popular dous, e o Partido Socialista outros dous; uns resultados que fixeron que a día de hoxe aínda non esté constituído o equipo de goberno neste concello, e se atopen en negociacións. Tal e como indicou Maceda, “seguimos coas negociacións, que aínda están en camiño, e valorando distintas posibilidades, como a de ver se é posible formar un goberno de maioría, ou sinxelamente gobernar en minoría e con pequenos acordos puntuais”. Ata o de agora non hai data fixada, “vamos con tranquilidade e tratando de chegar a un acordo o antes posible”, sinalou Maceda.