
O Concello de Monforte xa ten en marcha o novo sistema de recollida de lixo, consistente en poñer e quitar todos os días os cubos do lixo. Deste xeito, dende a súa posta en marcha o pasado luns día 20 de xuño, cada día arredor das sete da tarde o persoal do servizo de limpeza coloca ditos depósitos polas rúas da cidade, e recóllenos pasadas as once da noite. O funcionamento deste servizo, inexistente en Galicia, requerirá un período de adaptación, tal e como xa indicou no seu momento o alcalde da cidade, Severino Rodríguez. E é que a poucos días da súa posta en marcha, negocios como o Restaurante Morín, demandaron unha mellor atención.