O Centro Comercial Urbano de Chantada fomenta o consumo local

Arranca o Concurso de Tapas en Chantada, mentres os clientes do comercio teñen premios

Redacción -Chantada

A asociación de comerciantes de Chantada ten xa en marcha a súa campaña de verán como unha estratexia máis de promoción do sector. O sorteo dun vale semanal por valor de cen euros entre os clientes que merquen nos establecementos asociados durará ata as festas patronais. A pesares de que a conxuntura económica parece afectar tamén ás axudas que reciben este tipo de colectivos para manter o nivel de actividade que ven sendo habitual, segundo declarou o presidente dos comerciantes chantadinos, José Manuel Lage, “hai certas campañas moi exitosas que sí se deben manter para favorecer o consumo local”.

«MELLOR TAPA DIXITAL», E «PEQUECHEF», AS NOVIDADES DO CONCURSO DE TAPAS

Pero, tal e como se veu facendo nos dous últimos anos, o CCA de Chantada promove tamén o Concurso de Tapas encamiñado a dinamizar a actividade hostaleira. Dará comezo este sábado, 2 de xullo, e participarán unha docena de establecementos da vila. Haberá ademáis novidades, xa que será un xurado especializado, no canto do xurado popular, quen decida cal é a mellor tapa tradicional e a mellor tapa innovadora. Sen embargo, ademáis dos hostaleiros, a clientela recibirá premios por cada seis tapas consumidas dentro do concurso. Nesta ocasión creouse como novidade a categoría de “mellor tapa dixital”, que se votará a través de Facebook, e tamén o “Pequechef”, unha actividade para que os máis pequenos aprendan a cociñar unha tapa sinxela. O concurso de tapas desenvolverase de xoves a domingo durante todo xullo.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Novo servizo de recollida do lixo

Seguinte Nova

JON GONZÁLEZ, Creatividade en Chantada

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: