O Club Neka remata a temporada co Torneo Cidade de Ourense

Tralo balance máis que positivo, agora continuarán coas clases de infantil e xuvenil en horario de mañá

Redacción-Monforte

Grupo de alumnos ao completo que conforman as categorías do Club Neka. (Foto: Ximnasio Neka)

Despois de varios torneos, o Club Neka ven de cerrar a temporada dos meses de xullo e agosto, tal e como indicou o seu responsable, José María Vega. Así, o último dos campionatos ao que acudiron foi o Torneo Cidade de Ourense, disputado a fin de semana do 25 de xuño, e ao que acudiron con tres competidores: Sabela González, que quedou de primeira; David Feijoo, que quedou quinto; e Samuel López que tamén acadou o quinto posto. “Con esta participación damos por zanxada a temporada”, indicou Vega. Con isto, a partir de agora as clases durante os meses de xullo e agosto para infantil e xuvenil, serán polas mañás, de once a unha do mediodía. Mentres tanto, as clases para adultos seguirán co seu horario habitual de tarde.

BALANCE DE ÉXITOS

Unha vez rematada a temporada, dende o clube fan un balance repleto de éxitos. “O primeiro que fixemos foi participar na Copa Deputación, que gañamos outra vez por cuarto ano consecutivo. Pero outro dos éxitos máis destacados foi que conseguimos clasificar a un competidor seguro para o Campionato de España de Técnica -Alann Guagua-, ao que probablemente acompañe Samuel López, xa que quedou de segundo e só lle falta pasar unha preselección. Despois, en combate tamén estivemos a punto de clasificarnos para o campionato de España, xa que en categoría de cadetes Yago García quedou de segundo, pero ao campionato só vai o primeiro. Neste senso non puido ser”. Aínda así, os alumnos do Clube Neka realizaron un campaña moi exitosa, e é que pese ao non acadar o Campionato de España, á preselección tamén chegaron outros dous alumnos. “Tamén é de destacar que participamos por primeira vez na Fase Provincial de Deporte Escolar nas modalidades de combate e exhibición, quedando segundos tanto en exhibición infantil como en exhibición cadete, e conseguindo seis ouros e dous bronces en combate”. Asimesmo, na fase rexional, na modalidade de combate os rapaces acadaron dous ouros e tres bronces. Un balance máis que exitoso para o clube.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

“O cambio continúa en Lugo, xa non ten volta atrás”: Gómez Besteiro toma posesión como presidente da Deputación de Lugo

Seguinte Nova

Éxitos para o Club Ciclista Chantadino

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss