O Comisario Europeo de Agricultura visitou Chantada

Dacian Dolos visitou unha adega e unha queixería para coñecer o potencial destes sectores

Redacción-Chantada

O comisario europeo de Agricultura e Desenvolvemento rural, Dacian Ciolos, acompañado polo conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez, visitou o pasado 17 de xuño Galicia, materializando o seu obxectivo de coñecer dous dos sectores máis importantes da nosa comunidade, o leiteiro e o vitivinícola, a través de dous encontros na comarca de Chantada. Unha queixería e unha adega da Denominación de Orixe Ribeira Sacra foron o centro desta viaxe na que estivo acompañado polo director xeral de Agricultura da Comisión Europea, o chantadino José Manuel Silva. Nesta visita, o responsable comunitario e o conselleiro do Medio Rural achegáronse en primeiro lugar ata a queixería Casa Macán, situada no concello lugués de Taboada e referencia dentro do sector lácteo galego como exemplo de aposta pola valorización do produto.

Autoridades europeas, autonómicas e locais durante a visita. M.R.

Casa Macán é unha das empresas galegas con maior produción (75.000 litros diarios), representando un 30% do total do queixo amparado pola Denominación de Orixe Arzúa-Ulloa e o 38% da de Tetilla. Pechou o exercicio de 2010 cunha facturación de 7,5 millóns de euros, superando unha produción total de 1.800 Tm de queixo. A empresa de Eladio Rigueira comezou unha rápida evolución en 1998.

O percorrido do comisario e o conselleiro completouse coa visita á adega e viñedos Vía Romana, situada no concello de Chantada. Esta empresa fundouse en 1997 seguindo unha tradición familiar de adegueiros. Situada nunha casa señorial do século XVI no pobo de Belesar, posúe 12 hectáreas de viñedo da variedade Mencía. A adega, dotada con tecnoloxía para o tratamento suave da uva, ten capacidade para 400.000 botellas. Os seus caldos foron recoñecidos co certificado de calidade ISO 9001:2000.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Volta ao pasado en Rubián

Seguinte Nova

A Universidade volve a Sarria no verán

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss