A Agrupación Deportiva A Pinguela ven de formalizar a súa inscripción na temporada 2011/2012 na Superliga Feminina 2 de Voleibol. Deste xeito, o clube remitiu a documentación á Real Federación Española de Voleibol, quedando á espera de noticias sobre cales son o resto de equipos que conformarán na vindeira temporada esta categoría. A priori, están clasificados para participar nesta competición equipos de lugares tan dispersos como Asturias, Navarra, Extremadura, Castela A Mancha, Madrid, Cataluña, Illas Canarias e Baleares, ademáis do equipo monfortino. Cómpre sinalar que a Superliga Feminina 2 configúrase nun único grupo de doce equipos. A inscrición faise tamén tendo en conta os bos resultados acadados polas xogadoras deste equipo.
Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO
Gonzalo L. Torres. Moito falamos do Feismo urbanístico en Galicia, e seguro que moitos de nós
O pasado 19 de xullo, os representantes da Asociación Veciñal do Saviñao entregaron no Concello un
• Fixeron traballos de limpeza do acceso do camiño que leva á fonte publica, ante o
• Redacción- MONFORTE. a Asociación Monfortina de Amigos do Ferrocarril (AMAFER), no 25 aniversario da súa
O Concello da Pobra do Brollón está a desenvolver o programa «Déixate guiar», que ofrece cinco