O Festival do Castro de Pantón será o vindeiro día 20 de agosto

A asociación organizadora do Festival do Castro de 2011, en Pantón, xa ten en marcha unha nova edición do festival, que conta con voluntarios na organización, residentes nos concellos de Monforte, Sober, O Saviñao e A Pobra do Brollón, entre outros. Na última reunión comezáronse a valorar os distintos grupos que poderían recalar no festival, así como as actividades previstas para toda a xornada festiva, que este ano recaerá no vindeiro día 20 de agosto.

Dende a organización apostarán por repetir fórmulas exitosas das pasadas edicións como os pasarrúas, Feira de Artesanía, Campeonato de Birlos, Xantar Popular con Café Concerto e Xogos de malabares. Por outra parte, dentro da campaña prevista para a realización do Festival do Castro de 2011, e no marco da Feira do Viño de Pantón, que tivo lugar hai unhas semanas, os organizadores tamén dispuxeron dun posto no recinto feiral para a venda de camisetas de edicións de anos anteriores, chisqueiros e a camisola da asociación. Finalmente, é de destacar que este ano o Festival do Castro contará coa presenza do grupo checo United Flavour, que aproveitará para presentar o seu novo disco, “ATTITUDE”. Unha actuación que dará carácter internacional a esta celebración de Pantón.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Unha alumna do Río Cabe gana a Olimpiada Galega de Economía

Seguinte Nova

Obras na Casa da Cultura de Ribas do Sil

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: