O Lemos aposta polo futuro: balance do estreno das categorías infantís

Celebración do remate da primeira tempada na escola de fútbol do clube monfortino

Redacción -Monforte

O Club Lemos ven de rendir homenaxe aos seus xogadores nunha clara aposta polo futuro do equipo. Deste xeito, na cea de fin de tempada celebrada no restaurante Don Manuel, e tal e como explicou o seu presidente, Antonio Feijoo, “trátase de recompensar e premiar o esforzo, o traballo realizado e o interese amosado polos integrantes da escola de fútbol”; unha iniciativa posta en marcha polo equipo local por primeira vez esta tempada, “un proxecto de canteira co que se pretende reforzar o equipo dende as categorías máis inferiores, que previsiblemente comezarán a competir xa en setembro”, engadiu Feijoo. Con todo isto, ao final da cea procedeuse á entrega dos galardóns, en primeiro lugar coa entrega dunha pequena placa ao futbolista do Deportivo, Diego Seoane, e acto seguido, ao promotor da canteira do clube e director deportivo, José Manuel Martínez, quen comezou con este proxecto o pasado mes de xaneiro. Posteriormente, procedeuse á entrega de trofeos aos compoñentes do conxunto xuvenil, así como dos diplomas aos 22 cativos da escola de fútbol.

Pola súa parte, non faltaron á cea varios futbolistas do primeiro equipo, como Alami, Fran, Varela ou Brian. Asimesmo, tamén asistiron ao acto a maioría dos ex presidentes do clube, como por exemplo Mariano Rodríguez Cedrón, Manolo Ferreiro e Juan Carlos Aira; así como os ex directivos Cuesta e Fernando Pereira. Patrocinadores e colaboradores máis directos foron outros dos que non quixeron perderse a cita. Asistiu así o xerente de talleres Pardo, Manuel González Álvarez; un empresario monfortino que tamén apostou decididamente polo equipo xuvenil e que vestirá a vindeira temporada a todos os equipos da canteira. Pero tamén acudiron representantes da Fundación Educativa Torre de Lemos, coa súa presidenta Esther Rodríguez Camino á cabeza; e distintas personalidades da política, como os voceiros do PP e do PSOE de Monforte, Julia Rodríguez e José Tomé. Cabe destacar finalmente a presenza do monfortino Richi, futbolista do Fabril, quen tamén se decidiu a apoiar o clube e o proxecto da canteira asistindo á cea.

O pasado venres 17 de xuño xogadores do Lemos, directiva, corpo técnico e socios celebraron unha cea no restaurante Don Manuel en Monforte para poñer punto e final á tempada. Á cita acudiron preto de 180 persoas, co especial protagonismo dos máis pequenos do equipo, sentados todos xuntos a unha mesma mesa. Pola súa parte, presidiron a celebración o presidente da entidade, Antonio Feijoo, acompañado polo futbolista ourensá do Deportivo e fillo de Paco Seoane, ex adestrador do Lemos, Diego Seoane, e coa presenza dos membros do corpo técnico do clube e representantes institucionais do Concello. EC

Ao remate da cea, todos eles participaron na entrega de premios aos 22 compoñentes da escola de fútbol, que recibiron un diploma e un obsequio, e a varios xogadores do conxunto xuvenil, que recibiron cadanseu trofeo. EC

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

«Viticultura heroica»: promoción e identidade para a Ribeira Sacra

Seguinte Nova

O colexio de Currelos: 25 anos de función educativa no rural

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: